Preposición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Clases de palabras}}
==Concepto==
A '''preposición''' é a [[clase de palabra]] invariable que introduce o chamado [[sintagma preposicional]]. Constitúe un [[nexo]] en tanto que liga [[palabra]]s, [[sintagma]]s e ata [[oración|oracións]], pero subordina unha destas unidades (o elemento rexido) á anterior (elemento rexente), da cal depende a través da preposición. Preceden necesariamente a un [[sintagma nominal]]. Na [[análise sintáctica]] o [[sintagma preposicional]] divídese en dúas partes: o enlace (a preposición) e o termo (o sintagma preposicional). O seu [[significado]] é sumamente abstracto e gramatical e na lingua precursora das [[linguas románicas]], o [[latín]], constituíu un procedemento para evitar as imprecacións e ambigüidades do [[morfema]] de [[caso]], alcanzando tal éxito que veu a reemprazalo nas [[lingua románica|linguas románicas]].
 
En definitiva, as preposicións son unidades que funcionan como eixos de enlace e [[translación]], poñendo en relación un antecedente con outro elemento, [[substantivo]] ou palabra ou grupo de palabras en función substantiva que se constitúen en complemento daquel e que podemos denominar 'consecuente'. As preposicións, que teñen que ir acompañadas por ser partículas nexativas relacionantes non autosemánticas, van case sempre antepostas ás palabras e, polo xeral, son formas átonas que se agrupan habitualmente coa palabra anterior formando un grupo acentual