Arcadio López-Casanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
 
==Biografía==
Aínda que nace en Lugo, pasa a súa infancia na casa da avoa paterna, nas terras do [[O Páramo|Páramo]]. Regresa a Lugo para estudar o bacharelato. Fai Filosofía e Letras na [[Universidade de Santiago de Compostela]] entrando en relación cos mestres do galeguismo. Colabora asiduamente nas páxinas de ''[[La Noche]]'' e ''[[La Voz de Galicia]]'' e no 1961 edita o seu primeiro libro de poemas, ''Hombre último'', retirado por orde gobernativa. Recibiu numerosos premios nas [[Festas Minervais]] e noutros certames literarios (como o Concurso Nacional de Contos Infantís [[O Facho]] no [[1972]], por ''O bosque de Ouriol'').
 
Xa de volta na súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego (1965), e unha homenaxe a [[Luís Pimentel]]. Asiste á tertulia luguesa de [[Celestino Fernández de la Vega]], colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza a impartir docencia no [[Colexio Fingoi]], baixo a dirección do profesor [[Carvalho Calero]], e pasa logo ao lNEM, onde coincide cos catedráticos [[Xesús Alonso Montero|Alonso Montero]] e [[Amable Veiga]].