Lámpada incandescente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
algo máis desde a wiki es
Liña 31:
</small>
|}
 
Consta dun [[filamento]] de wolframio moi fino, encerrado nunha bocha de [[vidro]] na que se fixo o [[baleiro]], ou se encheu cun [[gas]] inerte, para evitar que o filamento se volatilice polas altas [[temperatura]]s que alcanza. Complétase cun casquillo metálico, no que se sitúan as conexións eléctricas.
 
A bocha varía de tamaño coa potencia da lámpada, posto que a temperatura do filamento é moi alta e, ao crecer a potencia e o desprendemento de calor, é necesario aumentar a superficie de arrefriado.
 
Inicialmente no interior da bocha facíase o baleiro. Actualmente a bocha está rechea dalgún [[gas nobre]] (normalmente [[cripton]]) que impide a combustión do filamento.
 
O casquillo serve tamén para fixar a lámpada nun portalámparas por medio dunha rosca (chamada [[Rosca Edison]]) ou unha baioneta. En case todo o mundo os casquillos da raia para lámpadas de potencias medias desígnanse co código de roscas Edison E-27, representando este número a medida en milímetros da súa rosca. É tamén moi frecuente unha talla menor da raia, a chamada E-14, ou rosca ''Mignon'', e case desaparecida a chamada ''Goliath'', E-45, reservada para lámpadas de grandes potencias.
 
==Notas==