Antonio Fernández-Cid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo morgado dunha numerosa familia ourensá, comezou a estudar [[Dereito]] pero ao estourar a [[guerra civil española]] alistouse no exército [[Francisco Franco|nacionalista]], onde foi ascendendo de alférez a tenente coronel de intervención. Ao rematar a guerra, e sen apartarse do exército, comeza a colaborar esporadicamente e como suplente do crítico musical do momento, no xornal ''[[ABC]]''. Posteriormente pasa á revista ''[[Tarea]]'' e logo ao xornal orgánico do réxime franquista ''[[Arriba]]'', onde escribe dende [[1943]] ata [[1952]]. Nese ano obtén un contrato con ''[[ABC]]'', xa como crítico musical titular, que mantén ata [[1960]]. Nese ano pasa ao ''[[Informaciones]]'', pero regresa en [[1966]] ao ''ABC'', que xa non abandonará ata a súa morte. Ademais, tamén escribiu esporadicamente noutros xornais españois e rexionais do momento, como ''[[La Vanguardia]]'', ''[[Mundo Hispánico]]'', ''[[Diario Vasco]]'', ''[[La Estafeta Literaria]]'' etcétera.
 
Na segunda metade do século XX tamén colaborou como xornalista musical en [[televisión]] e [[radio (medio de comunicación)|radio]], e en [[1965]] obtivo o Premio Nacional de Radio. En [[1980]] foi escollido membro da [[Academia de Belas Artes de San Fernando]]. A súa especialidade como crítico musical era a [[ópera]].
 
==Galardóns==