Poética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''poética''' é unha ciencia nomotética, que ten por obxecto de estudo as [[arte]]s e, entre elas especialmente aínda que non exclusivamente, a [[literatura]].
 
Para [[Ígor Stravinski]], a poética é un estudo da obra que vai a realizarse, é un facer da orde. Para [[Greimas]], a poética designa o estudo da poesía como a teoría xeral das obras literarias (Greimas e Courtes, Semiótica, "Poética", ''Dicionario razoado da teoría da linguaxe'', 309). Para [[Todorov]], a poética é unha ciencia que estuda o discurso literario; apunta a unha reflexión científica sobre a literatura, situándose non no conxunto de feitos empíricos que determinan as obras literarias, senón no discurso literario. Todorov asume que a obra literaria é unha estrutura abstracta posible, na cal existen constantes discursivas que poden ser estudadas por un estudo científico.