Diferenzas entre revisións de «Elvis Presley»

===Final===
 
A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co ''show'' televisivo coñecido como o ''Come Back Special'' e con temas como ''High heel sneakers'', ''If I can dream'' ([[1968]]), ''In the Ghetto'', ''Don´t Cry Daddy'' ou ''Suspicious Mind'' ([[1969]]). Ese ano, o album ''From Elvis in Memphis'' foi número un no [[Reino Unido]] despois de sete anos sen que un LP seu acadara esa posición no importante mercado británico.
 
Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o do ''Madison Square Garden'' ([[1972]]), [[Hawaii]] vía satélite ([[1973]]), visto por máis de un billón de espectadores e cuxo album será un novo número un, Memphis (catro shows para atender a demanda de entradas en marzo de [[1974]], e do que sairía unha grabación que foi premio Grammy), [[Pontiac]] ante 63.200 espectadores en decembro de ([[1975]]) ou os de [[Las Vegas]] ([[1976]]-77), estes últimos xa en plena decadencia física.
 
En [[1973]] obtivera un [[Globo de Ouro]] polo documental ''Elvis on Tour'', unha reportaxe moi realista sobre as súas xiras pola América profunda.
 
Entre os anos 1973 e [[1976]] Elvis logrou colocar catro álbumes no número un da ''Country Chart''.
 
==Vida persoal==
Usuario anónimo