Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
===Servizo militar e retorno===
 
Entre [[1958]] e [[1960]] cumpriu co [[servizo militar]] en [[Alemaña]], deixando unha película (''King Creole'') e varias cancións gravadas que lle permitiron continuar no cume (''Hard Head Woman'' e, ''Big Hunk o´Love'' e ''Don´t'' foron números un).
 
Ao seu retorno aos Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel, canción lixeira e mesmo napolitanas- conseguindo catro números un en singles e a mesma posición para o album ''G.I.Blues'', banda sonora dunha película que cambiaba a imaxe de héroe marxinal por un xovial soldado americano de servizo en Alemaña. En maio de [[1960]] o show televisivo de [[Frank Sinatra]] foi líder de audiencia (share do 42%) co especial ''Welcome Home Elvis'', o que supuxo a posta en escena da acollida do denostado rockeiro na sociedade ben pensante americana. Isto cerraba a operación de marketing que acompañou ao seu servizo militar.