Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Obra: outro datiño
Xas (conversa | contribucións)
Liña 23:
Os seus primeiros escritos xa saíron da súa pluma a finais do século XIX, sendo nestes comezos case en exclusiva poemas, que apareceron publicados por separado nos máis variados medios.
 
O seu primeiro artigo coñecido publicouse en ''[[Luz y Sombra]]'' de Vigo no ano [[1898]]. A partir de aquí é moi reseñábel o seu labor xornalístico, especialmente no semanario ''[[El Estradense]]'', unha publicación agrícola-social que se comezou a publicar no [[1906]] e no que participou con artigos, relatos curtos, etc. e do que foi o seu director. O periódico deixou de se publicar en [[1909]]. Tamén publicou colaboracióncolaboracións poéticas e literarias en ''[[Eco de La Estrada]]''.
 
No ano [[1920]] creouse o xornal ''[[El Emigrado]]'', publicación financiada polos ''Hijos del Ayuntamiento de La Estrada'', de [[Cuba]]. Neste xornal comezou a publicar periodicamente os seus “Contiños da Terra” e comezou a ser recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista. No ano [[1924]], o seu conto ''O fútbol en Malpocados'' foi premiado nos Xogos Florais de Santiago. Dous anos máis tarde púxose en escena a súa pequena peza teatral ''Carta da Habana'' (publicada na ''Revista Céltiga'', Ed. Fervenza, 2002). No [[1929]], o seu longo traballo ''Falemos na nosa fala'' gañou o Certame Literario de Exaltación da Muller Galega (Pontevedra). Posteriormente recolleu os contos e relatos breves que fora sacando en ''El Emigrado'', e publicounos so o título ''Contiños da Terra'' (Nós, 1930; Hnos. Caporaletti, 1952; [[Edicións Xerais de Galicia]], 1999; Biblioteca Galega 120, [[La Voz de Galicia]], 2002). Xa en vida non viu publicadas máis obras, a pesar de pasar toda a vida escribindo.