Suevia (Buenos Aires): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m Formato
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 12:
A revista, coa mesma cabeceira, director -que xa non utiliza o seu pseudónimo- e a maioría dos colaboradores, reapareceu o [[1 de xaneiro|1º de xaneiro]] de [[1916]]. Realmente, en ningún momento fai mención da etapa anterior e a numeración comeza de novo como "''Primer año. Número 1''"; cambia tamén o subtítulo da revista, do que cae o adxectivo "''regionalista''" e agora pasa a ser só "Revista Gallega". En calquera caso, todo parece indicar unha continuidade editorial, se ben agora pesan máis os aspectos artístico e estético.
 
Nesta segunda época, tamén con periodicidade quincenal, só se publican 6 números, aparecen o último o [[18 de marzo]] de 1916. Obsérvase un aumento espectacular do número e tamaño das ilustracións, o que fai que se poida definir como revista ilustrada, destacando maioritariamente as fotografías de cidades, monumentos e paisaxes de Galicia. Contén numerosas caricaturas e dibuxos varios de Castelao e Lourido.
 
O uso do galego mantense moi reducido e só como lingua poética ou dos pés dalgúns dos debuxos.