Luis Antón del Olmet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Luis Antón del Olmet López''', nado en Bilbao o 17 de xaneiro de 1886 e finado en Madrid o 2 de marzo de 1923, foi un avogado, xornalista e escritor espa..."
 
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Estudou Dereito Universidade de Madrid e conseguiu unha praza na Delegación de Facenda da [[Coruña]] en [[1906]]. Xa se iniciara como xornalista en ''La Época'' de Madrid e cando chegou á Coruña incorporouse á redacción de ''[[El Noroeste]]''. A principios de [[1908]] regresou a Madrid, onde se mantivo vinculado ao ambiente galego, tanto á revista ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]'' (quedirixida dirixiupor [[Basilio Álvarez]]) coma ao Centro Galego. Asistiu ao faladoiro do Excelsior e foi un dos fundadores do movemento agrario de [[Acción Gallega]]. Dirixiu, xunto a [[Prudencio Canitrot]], a "Biblioteca de Escritores Gallegos", na que publicou ''El encanto en sus manos'' (1909). En Acción Gallega realizou a descrición dos principais líderes do agrarismo solidario coruñés ([[Lugrís Freire]], [[Martín Martínez]], [[Juan Golpe]], [[Rodrigo Sanz]]). En 1910 entrou na primeira redacción de ''[[El Debate]]'' xunto cos galegos Basilio Álvarez, [[Alfonso Alcalá Martín]] e [[Rafael Carvajal]]. Participou xunto aos agrarios na constitución da [[Liga Agrario-Redencionista]] e nas relacións cos homes da [[Lliga Regionalista]] e con [[Cambó]]. Nesa época comezou a súa vida turbulenta, con duelos cos redactores de ''El Radical''. En 1911 colaborou tamén en ''[[Mi Tierra]]'' de [[Ourense]].
 
En 1912 iniciou a súa carreira política, pasou a inspirar o maurismo agrario de Padrón, colaborando con artigos ideolóxicos en ''[[El Barbero Municipal]]'', semanario conservador de [[Rianxo]]. Un ano máis tarde publica ''El hidalgo don Tirso de Guimaraes'' con portada de [[Castelao]].
Liña 8:
Nas eleccións de marzo de 1914, como premio ao seu labor, consegue unha acta de deputado por [[Almería]] militando ás ordes de [[Eduardo Dato]]. Para afianzar a súa lealdade á situación funda o 1 de abril ''[[El Parlamentario]]'', do que foi director xerente, voceiro dos intereses do seu xefe político fronte a liberais e mauristas irredentos; aquí publicaron os seus amigos Castelao, [[Fernández Flórez]], [[Francisco Camba]] e Basilio Álvarez. En 1915 apareceu en ''El Parlamentario'', quincenalmente, Acción Gallega, dirixida polo propio Basilio.
 
Dende 1917 soasoou o seu nome como candidato agrario de Acción Gallega e da Conxunción Republicano-Agrario-Socialista, por Celanova, onde tivo como rival a [[Luís Porteiro Garea]], candidato galeguista. Finalmente Antón del Olmet optou por intentar a representación do distrito de Verín; chegou a Ourense en 1920 para facer campaña e fundou ''[[La Raza (Ourense)|La Raza]]'', con Basilio Álvarez como director, para finalmente resultar derrotados. O relato destas andanzas como candidato popular é o tema de ''Galicia llora''.
 
Foi asasinado en 1923, mentres presentaba unha das súas obras no Teatro Eslava de [[Madrid]]. O autor do asasinato foi o seu socio e colega Alfonso Vidal Planas, a causa dun asunto de amoríos.