Basilio Álvarez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xas (conversa | contribucións)
Liña 17:
Basilio Álvarez amosou interese polo xornalismo desde moi novo. Estivo vencellado a xornais ourensáns como ''[[La Nueva Época]]'', diario católico silvelista, e ''[[La Galerna]]''. Tamén traballou para ''[[El Eco de Orense]]'', o xornal que dirixía [[Valentín Lamas Carvajal]].
 
En [[1907]] trasladouse a [[Madrid]] onde colaborou co centro galego e coa revista ''[[Galicia (Madrid)|Galicia]]''. Participou tamén na fundación do diario madrileño ''[[El Debate]]'' que mesmo dirixiu entre outubro de [[1910]] e xullo de [[1911]]. Abandonou entón a dirección do xornal para aceptar a oferta do bispo de [[Ourense]] [[Eustaquio Ilundáin]] e facerse cargo da freguesía de [[Beiro]], o cal lle valeu o sobrenome de "o cura de Beiro".
 
''[[El libro del periodista]]'', aparecido en [[1912]], serviu a Basilio Álvarez como tribuna onde expoñer o seu xeito de entender o xornalismo. Defendía un periodismo combativo e enérxico, feito desde a rúa e con afán de apostolado, no que prevalecese a inmediatez e a síntese.