Marta Rivera de la Cruz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
===Perfil polémico===
En 2008, Rivera de la Cruz adoptou unha posición firme de apoio público<ref>[http://www.gznacion.com/web/noticia.php?id_noticia=7958&id_cat=8 "Marta Rivera de la Cruz apoia a Galicia bilingüe"], www.gznacion.com, [[19 de abril]] de [[2008]].</ref> ás teses defendidas pola organización [[Galicia Bilingüe]], de moi escasa implantación na sociedade galega, que, entre outras pretensións, avoga pola derrogación inmediata da [[Lei de normalización lingüística]], garante da igualdade de [[dereito]]s entre as linguas galega e castelá no territorio administrativo galego. A escritora luguesa foi unha das caras visíbeis que durante a campaña das [[Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009|eleccións ao parlamento de Galiza]] en 2009 se manifestou en favor do uso prioritario do castelán no [[ensino]] en detrimento do [[lingua galega|galego]], a cal resulta ser a lingua propia de Galiza segundo queda recollido de forma explícita no seu propio [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981||Estatuto de autonomía]].
 
==Obras==