Diferenzas entre revisións de «Joaquín Poza Juncal»

lig int e cat
(+ cat)
(lig int e cat)
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Joaquín Poza Cobas]], dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de ''[[La Libertad (Pontevedra)|La Libertad]]''. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da [[Federación Republicana Gallega]] en 1930. Logo da proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.
 
En 1933 pásase a [[Acción Republicana]] e ingresa en [[Izquierda Republicana]] en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Foi tamén avogado asesor da Caixa Rural do Lérez, fundada en 1926.
 
Foi colaborador de ''[[El País (1932)|El País]]'', voceiro do PRG e logo de IR, ''[[Faro de Vigo]]'' e ''[[El Emigrado]]'' ([[A Estrada]]).
[[Categoría:Deputados galegos]]
[[Categoría:Deputados nas Cortes da II República]]
[[Categoría:Gobernadores civís de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Pontevedra]]
 
95.557

edicións