Diferenzas entre revisións de «Charles Stewart Parnell»

 
=== Crise de confianza===
Parnell iniciou relacións sentimentais con Katharine O'Shea, esposa do seu compañeiro de partido William O'Shea. Finalmente, William e Katharine divorciáronse. A [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] nun primeiro momento gardou silencio, aínda que a práctica do divorcio estaba prohibida por aquel entón e a maior parte dos seguidores parnelitas eran católicos. Sendo como era Parnell a causa do divorcio, a opinión pública inglesa axiu contra el, o que obrigou a Gladstone a pedirlle que abandonase a dirección do IPP, temendo perder as vindeiras eleccións xerais ás que concorrerían en coalición. Varios integrantes do partido, anoxados co seu líder, solicitaron a celebración dunha reunión de urxencia, que se celebraría o 1 de decembro de 1890 en [[Westminster]]. Intentouse chegar a un acordo que pasaba por unha renuncia só temporal de Parnell, pero el rexeitouno aducindo que a independencia do partido non se podía someterse nin a Gladstone nin á Igrexa. Esta falta de acordo provocou que 44 dos deputados asistentes á reunión abandonaran o IPP creando un novo partido, a Federación Nacional Irlandesa, que contou co apoio da xerarquía eclesiástica
 
 
{{DEFAULTSORT:Parnell}}
8.300

edicións