Amilosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
A amilosa está constituída por moléculas de glicosa unidas por [[enlace glicosídico|enlace O-glicosídico]] α(1→4) <ref>Nelson, David , and Michael M. Cox. Principles of Biochemistry. 5th ed. New York: W. H. Freeman and Company , 2008.</ref>. O número de unidades repetidas de glicosa (n) é normalmente de entre 300 e 3.000, pero pode ser de milleiros.
 
As cadeas de amilosa poden adoptar tres formas principais. Pode presentarse nunha conformación amorfa desordenada ou en dúas formas helicoidais distintas. Pode unirse consigo mesma formando unha dobre hélice (formas A ou B), ou pode unirse a outras moléculas hidrofóbicas como o [[iodo]], un [[ácido graxo]], ou un [[composto aromático]]. Esta coñécese como forma V e é como a [[amilopectina]]esta forma de amilosa á que se une áa amilosa[[amilopectina]] nos gránulos de [[amidón]]. Dentro do grupo de formas V hai moitas variacións posibles. Cada unha denomínase como V cun subíndice que indica o número de unidades de glicosa por cada volta da hélice. A forma máis común é a V<sub>6</sub>, que ten seis unidades de glicosa por volta. Existe tamén a forma V<sub>8</sub> e posiblemente a V<sub>7</sub>. Estas proporcionan un espazo aínda maior para que se una outra molécula á amilosa <ref>Cohen, R., Kovalev, M., Orlova, Y., Shimon, E., and Y. Ungar. 2008. Structural and Functional Properties of Amylose Complexes with Genistein. J. Agric. Food Chem. 56: 4212-4218.</ref>.
 
Esta estrutura liñal pode sufrir algunha rotación arredor dos ángulos [[fi]] e [[psi]], pero, na súa maior parte, os osíxenos dos aneis das glicosas están situados todos sobre o mesmo lado da molécula (na [[celulosa]], por exemplo, están xirados 180º). A estrutura α(1→4) promove a formación da estrutura en hélice, que fai posible que se formen [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] entre os grupos unidos ao carbono 2 dunha molécula de glicosa e do carbono 3 da seguinte <ref>http://www1.lsbu.ac.uk/water/hysta.html</ref>.
240.114

edicións