Amilopectina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
As plantas almacenan amidón en [[orgánulo]]s especializados chamados [[amiloplasto]]s, e, en menor cantidade, nos [[cloroplasto]]s [[fotosíntese|fotosintéticos]]. Cando a célula precisa enerxía, a planta hidroliza o amidón, liberando a glicosa, que pode ser oxidada despois na [[respiración celular]]. Os seres humanos e outros animais poden dixerir a amilopectina utilizando [[encima]]s [[amilase]]s, que hidrolizan os enlaces α(1→4), e os encimas desramificantes α(1→6)-glicosidases, que hidrolizan os enlaces α(1→6) dos puntos de ramificación.
 
Un gránulo de amidón está constituído por un 70 % de amilopectina en peso, e o resto é amilosa, pero isto varía dependendo da fonte analizada. Os amidóns que teñen máis amilopectina, preto do 100 %, denomínanse céreos, como os de certos tipos de arroz, millo ou pataca. Noutros tipos de pataca o contido é menor, dun 75%, por exemplo. Hai patacas modificadas xeneticamente para producir só amilopectina, e en 2010 foi aprobada a comercialización en Europa da pataca ''Amflora'' <ref>http://www.basf.com/group/pressrelease/P-10-179</ref> <ref>[http://www.basf.com/group/pressrelease/P-10-179 A Comisión Europea aproba a pataca ''Amflora''.]</ref>.