John Locke: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: sq:John Locke
Liña 18:
=== Teoría política ===
En filosofía política Locke desenvolve unha crítica das [[monarquía]]s absolutistas. O poder político, sexa monárquico ou constituído mediante unha asemblea de notables, debe estar dobremente limitado polos dereitos naturais comúns a todos os humanos e polo fin do ben colectivo. En caso de non respectarse estes requisitos será lexítimo intentar o derrocamento do poder establecido.
En política, John Locke é considerado o pai do liberalismo moderno. Propón que a soberanía emana do pobo; que a propiedade, a vida, a liberdade e o dereito á felicidade son dereitos naturais dos homes, anteriores á constitución da sociedade.
 
O Estado ten como misión principal protexer eses dereitos, así como as liberdades individuais dos cidadáns. Tamén sostén que o goberno debe estar constituído por un rei e un parlamento. O parlamento é onde se expresa a soberanía popular e onde se fan as leis que deben cumprir tanto o rei como o pobo. Anticipándose a Montesquieu, a quen Locke influíu, describe a separación do poder lexislativo e o executivo. A autoridade do Estado sostense nos principios de soberanía popular e legalidade. O poder non é absoluto senón que ha de respectar os dereitos humanos.
 
Ao Estado confírelle funcións de decisión en controversias entre os individuos, no contexto da pluralidade e a tolerancia, posto que se dan diversidade de opinións e intereses entre os homes, froito das distintas vías individuais de procura da felicidade, polo que o desacordo e os conflitos son inevitables.
 
Postula que os homes viven no estado de natureza nunha situación de paz e sometidos a leis naturais que xorden da razón. Os homes saen a través do pacto social do estado de natureza porque non existe alí xustiza imparcial que asegure os dereitos naturais. O ingreso á sociedade civil é a través do contrato. Se é violado pola autoridade pública que resultou da vontade dos cidadáns, vólvese ao estado de natureza. A autoridade sostense en tanto asegure os dereitos naturais que o individuo buscou protexer ao entrar na sociedade.
 
=== Filosofía da relixión ===