No Wave: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 16:
En moitos aspectos o No Wave non é realmente un xénero musical cunhas determinadas características. Varios grupos colleron influenzas de moitos estilos coma o [[funk]], [[jazz]], [[blues]], [[punk rock]], avant garde e a música experimental. Hai, porén, algúns elementos comúns na meirande parte da música No Wave, coma un son atonal abrasivo, ritmos repetitivos, e unha tendencia a enfatizar as texturas musicais sobre a típica melodía. As letras do No Wave adoitan a centrarse no nihilismo e a confrontación. No Wave adoita a ser definido mellor nos termos do ambiente artístico no cal prosperou (no centro da escea da arte minimalista) e no caracter das súas actuacións, típicas do seu contexto. As actuacións do No Wave baseábanse fortemente nas artes escénicas, e a miúdo eran un exemplo dun minimalismo moi teatral.
 
En [[1978]] celebrouse no New York’s Artists Space un encontro entre músicos noise influenciados polo [[punk rock]], que permitíu a [[Brian Eno]] producir o álbum ''[[No New York]]''. Esta gravación foi o primeiro intento de definir o son do xénero, documentando a [[The Contortions]], [[Teenage Jesus and the Jerks]], [[Mars]] e [[DNA (grupo musical)|DNA]].
 
O ''Noise Fest'' foi un influínte festival de art noise organizado por [[Thurston Moore]] de [[Sonic Youth]] no espazo de arte White Columns en xuño de [[1981]]. [[Sonic Youth]] faría a súa primeira aparición en directo neste festival. Cada noite actuaban tres ou catro artistas, incluíndo [[Glenn Branca]], [[Rhys Chatham]], [[Jeffrey Lohn]], [[Dog Eat Dog]], [[Built on Guilt]], [[Rudolph Grey]], [[The Avant Squares]], [[Mofungo]], [[Red Decade]], [[Robin Crutchfield's Dark Day]], [[Ad Hoc Rock]], [[Intense Molecular Activity]], [[Smoking Section]], [[Chinese Puzzle]], [[Avoidance Behaviour]] e [[Sonic Youth]].