Tempo Medio de Greenwich: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
categorizo
ano -> ano (astronomía); {{seniw}}
Liña 1:
{{Astronomía en progreso}}
O '''Tempo Medio de Greenwich''' ou '''GMT''' (''Greenwich Mean Time'') é o [[tempo solar medio]] no [[Observatorio de Greenwich|Observatorio Real de Greenwich]], en [[Greenwich (Londres)|Greenwich]], preto de [[Londres]], [[Inglaterra]], que por convención está a 0 [[grao sesaxesimal|graos]] de [[Lonxitude (cartografía)|lonxitude]].
 
Durante moitos anos os reloxos máis precisos que existían eran o movemento da [[Terra]] ao redor do seu eixo e ao redor do [[Sol]]. A partir deles definíase todo o demais relacionado co [[tempo]]. Unha volta da Terra ao redor do Sol era un [[ano (astronomía)|ano]], unha volta da Terra sobre se mesma era un [[día]], que se dividía en 24 horas, a hora en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. En [[1900]] definiuse un [[segundo (unidade de tempo)|segundo]] 1/86.400 dun [[día solar medio]].
 
Isto era suficientemente preciso para as actividades cotiás, pero aos poucos foise observando que a Terra non era o mellor [[reloxo]]. As [[marea]]s fan diminuír o seu xiro con certa regularidade pero, ademais, hai outras influencias que fan que a duración dese xiro non sexa constante. As diferenzas non afectan a vida cotiá pero si poden afectar á precisión da [[navegación]] ou á posición dos [[satélite artificial|satélites artificiais]], por exemplo.
 
[[Categoría:Cronometría]]
 
{{seniw}}