Diferenzas entre revisións de «Manuel Soto Freire»

→‎Traxectoria: editou El Lucense
(recat)
(→‎Traxectoria: editou El Lucense)
 
==Traxectoria==
Formado en Lugo como caixista na imprenta Pujol, estableceu os seus obradoiros tipográficos en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais ''[[La Aurora del Miño]]'' (1857), do que foi director e fundador; ''[[El Correo de Lugo]]'' (1860), que dirixiu; ''[[El Diario de Avisos]]'' (1861 e 1865), ''[[El Boletín del Clero]]'' (1861) ou, ''[[El Gallego]]'' (1867) e ''[[El Lucense]]'' (1883). Editou ''[[Análisis de las aguas minerales de Lugo]]'' (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de [[Manuel Murguía]], e a Gramática Gallega (1868) de [[Saco y Arce]]. Foi autor do ensaio ''La imprenta en Galicia. Ensayo bibliográfico'' (1982), de consulta obrigada no estudo da prensa periódica en Galicia.
 
==Véxase tamén==
98.540

edicións