Antonio Rosmini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
o texto ten incorreccións formais; corrixo algunhas
Liña 1:
 
'''Antonio Rosmini''' nado en Rovereto o 24 de marzo de [[1793]] e finado en Stresa o 1 de xullo de [[1855]], foi un filósofo italiano.
 
== Traxectoria ==
Estudou [[Dereito]] e Teoloxía na Universidade de Padua. Fundou o ''Instituto della caritá'' adicada á atención aos pobres e marxinados en [[1828]]. Xa en [[1830]] publicou o ''Novo ensaio sobre a orixe das ideas'' que anticipa moitas das súas ideasconcepcións.
 
Foi nomeado arcipreste de Rovereto, localidade que tivo que abandonar en [[1835]] por presións políticas. En [[1848]] o rei de [[Piamonte]] Carlo Alberto de Savoia encargoulle a misión diplomática co fin de convencer ao papa [[Pío IX]] para presidir unha confederación de estados italianos. Renunciou a esta misión cando se buscou que o Papa entrara en guerra contra [[Austria]]. Ofrecéuselle que presidira a republicanarepública romana, pero el descartouse por non querer poñerse ao fronte dun goberno que privaba de liberdade ao Papa. Seguiu ao Papa na súa fuxida a Gaeta pero enfrentouse ao poderoso cardeal Giacomo Antonelli que buscaba apoio de exércitos extranxeiros para apoiardefender ao Papa. Isto fixo que Rosmini caera en desgracia. Afincado definitivamente en Stressa, foi alí onde encontrou a morte.
 
Algúns dos seus libros foron incluídos no índice[[ ''Índice de libros prohibidos'']] da [[Igrexa Católica]]. [[León XIII]] condenou corenta proposicións de Rosmini, o que este acatou con obediencia. Procesado polo [[Vaticano]] en [[1854]], foi finalmente absolto absolto.
 
== Pensamento ==
Rosmini afastouse igualmente do [[empirismo]] e da [[escolástica]] formalista
 
A idea do [[ser]] é coesencial e coexistencial ao pensamento. O coñecemento eé unha intuición do ''ser ideal'', sen o cal aquel non é posible nin tampouco o pensamento.
 
O ''ser ideal'' é obxectivo pero indeterminado. dotadoDotado da categoría de posibilidade, permite que o home sexa un ser de intelixencia pois é o alicerce para a intelixibilidade dos entes. O ser ideal non é Deus pero é unha participación intelectual do Ser real na criatura.
 
Pero o home non é só pensamento. O seu corpo resúltalle coesencial e coexistencial. O corpo permite ao home ser sensitivo e sen o corpo o home non é.
 
O que permite ao home ser persoa é a moral. O home ao comportarse moralmente vai ensanchándose cara horizontes infinitos atraído por un imán de amor. O home ama a verdade porque é amado pola verdade. O ben non é seu senón que é para el. O ben se impónimponse suplicante á vontade do home.
 
O Dereito non pode ir contra a moral pois está fundado na xustiza, a autoridade só se lexitima en canto serve á xustiza. Para Rosmini, o que os socialistas pretenden vivírono os cristiáns hai 19 séculos. As institucións sociais han de servir para o progreso da condición material dos desfavorecidos.
 
Na súa obra ''As cinco chagas da santa Igrexa'' ([[1846]], critica o afastamento do clero do pobo e a falta de formación, a implicación dos bispos na política e os seus intereses económicos, a nominación de bispos polo poder civil e a riqueza da Igrexa.