Nuno Freire de Andrade, o Mao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 37:
}}
 
'''Nuno Freire de Andrade''' ( n. ? - m. [[1431]]), dito '''O Mao''', foi un nobre galego baixomedieval, señor de Pontedeume, Ferrol e FerrolVilalba. A inicios da terceira década do [[século XV]] tivo que facer fronte ao levantamento dos vasalos das súas terras, acontecemento coñecido na historiografía como [[Irmandade Fusquenlla]] ou [[Primeira Revolta Irmandiña]].
 
== Biografía ==
Liña 44:
Nuno Freire era fillo do segundo señor da [[Casa de Andrade]], [[Pedro Fernández de Andrade]] e de dona [[Mencía de Meira]]. Herdou do seu pai sendo aínda novo, cando este faleceu a inicios do [[século XV]], o señorío de [[Ferrol]], [[Pontedeume]], [[Vilalba]] e outras localidades.
 
A súa actuación inicial dirixíuse a ampliar os seus dominios a costa de estados eclesiásticos, primeiro tentando facerse con os [[couto]]s de [[Muniferral]] e [[Feás]] (no actual concello de [[Aranga]]), prosesión da [[Catedral de Santiago de Compostela|Mitra compostelana]], da que á fin obtivo o arrendo dos coutos por dez anos en [[1411]], e logo edificando no porto da [[granxa de Reparada]] (actual [[Covas]], na terra de Trasancos), propiedade do mosteiro cisterciense de [[Mosteiro de Sobrado|Sobrado]], que se opuxo a el en [[1410]]. Este mosteiro xa pleiteara por esta granxa co seu pai [[Pedro Fernández de Andrade]]. Por contra foi xeneroso con [[Mosteiro de Monfero|Monfero]].
 
En [[1428]], recibíu nos seus estados ao infante [[Henrique de Aragón]], a quen hospedou obsequiosamente. Logo acompañou ao rei [[Xoán II de Castela|Xoán II]] a terras de [[Aragón]], no ano seguinte, con numerosa hoste durante a guerra contra os aragoneses que apoiaban aos Infantes de Aragón. Nuno Freire acabada a guerra en [[1430]], non tiña outro remedio que compensar e pagar ben aos seus homes<ref>Resúmese a Couceiro Freijomil, A., ''Historia de Puentedeume''. Pontedeume. 1981, páxs. 181-184</ref> .
Liña 53:
=== Morte ===
No mesmo ano de [[1431]] faleceu Nuno Freire de Andrade. Mandouse inhumar no [[mosteiro de Monfero]]. Sobre a sepultura colocouse o seguinte epitafio :
**No:Nome:Iesu:Auede:Piedade:Da:Anima:De:Nuno:Freire:De:Andrade:Caualeiro:De:Uerdade:Un:Do:Consello:Do:Rei:Qese:Finou:Eno:Ano:D:Mil:CCCCXXXI:Anos
 
('': No nome: deNome Xesús,: tedeIesu piedade: daAuede alma: dePiedade : Da : Anima : De : Nuno : Freire de: De : Andrade, cabaleiro: deCaualeiro verdade,: unDe do: Uerdade : Un : Do : Consello do: Do : Rei, que: Qese : Finou : Eno : Ano : D : Mil faleceu: noCCCCXXXI ano: 1431'')Anos
 
::(''No nome de Xesús, tede piedade da alma de Nuno Freire de Andrade, cabaleiro de verdade, un do Consello do Rei, que faleceu no ano 1431'')
 
A súa tomba, despois de ser movida no [[século XVII]]<ref>Couceiro Freijomil, ''Historia de Puentedeume''. Pontedeume. 1981, páxs. 188-189, a transcrición do epitafio contén certas inexactitudes que correximos</ref>, figura á dereita da portada da igrexa do devandito mosteiro.