Orquestra de Cámara Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 4:
== Historia ==
{{enuso}}
A Orquestra de Cámara Galega (OCGa) naceu en [[1995]] grazas á inquietude dun grupo de músicos galegos formados no [[Conservatorio Superior de Música da Coruña]] e en diversos conservatorios [[Europa|europeos]]. A OCGa realizou o seu debut no "XLIV Festival de Ópera da Coruña". A orquestra ten desenvolvido unha intensa actividade que a levou a interpretar un amplo repertorio que abrangue as principais épocas e estilos, dende o [[Música barroca|Barroco]] temprano ata a música contemporánea, incluíndo a difusión e estrea das obras de compositores galegos e facendo especial fincapé na obra do compositor [[Rogelio Groba]], do cal levaron a cabo numerosas estreas.
 
Participou habitualmente nos "Premios Anuais de Composición Andrés Gaos", así como no "XLIV Festival de Ópera da Coruña", "Xóvenes Intérpretes da Fundación Barrié", etc.
 
Con esta finalidade, a OCGa ten realizado a súa actividade musical polas principais salas de concertos de [[Galiza]] ([[Pazo da Ópera]], [[Auditorio de Galicia]], etc) e do [[Estado español]] (entre as cómpre salientar o [[Auditorio Reina Sofía]] de [[Madrid]], o [[Palau de la Música de Barcelona]], a Sala Mozart do Auditorio de [[Zaragoza]], a Real Maestranza de [[Sevilla]], ou o [[Teatro Jovellanos]] de [[Xixón]] entre outros).
 
No ámbito internacional, a OCGa actuou en [[Viena]] durante a ''"Spanien Modern Musikfestival"'', [[Nova York]], no Merkin Hall da Fundación Kaufman, en [[Bos Aires]], no [[Teatro Metropolitan]], en varios auditorios de diversas cidades [[Países Baixos|neerlandesas]] ([[Utrech]], [[Amsterdam]] ou [[Rotterdam]]), así como en diversos auditorios da xeografía [[Portugal|portuguesa]].
 
Ten colaborado con profesionais do talle de [[Teresa Berganza]], [[Anthony Pay]], [[Cecilia Lavilla]], [[Ara Malikian]], [[Juan de Udaeta]], [[José Ramón Méndez]], [[Juan Lomba]], [[José Núñez]], ou [[José Luis Estellés]].
 
== Discografía ==