Caracol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Usos terapéuticos: arranxiño menor
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: br:Melc'hwed-krogennek; cambios estética
Liña 20:
|-
| [[Subclase (bioloxía)|Subclases]]:
| Prosobranquios,<br />Opistobranquios<br />e Pulmonados
|
|}
Liña 26:
O '''caracol''' é o nome común que reciben os [[molusco]]s [[gasterópodo]]s con [[cuncha]], a diferencia dos que non a posúen, que se chaman [[lesma]]s.
[[Ficheiro:Scheme snail anatomy-numbers.svg|thumb|350px|1-cuncha, 2-figado, 3-pulmón, 4-ano, 5-poro respiratorio, 6-ollo, 7-tentáculo, 8-ganglios cerebrais, 9-conduto salivar, 10-boca, 11-, 12-glándula salivar, 13-poro xenital, 14-pene, 15-vaxina, 16-glándula mucosa, 17-oviducto, 18-saco de dardos, 19-pé, 20-estómago, 21-ril, 22-manto, 23-corazón e 24-vasos deferentes]]
== Características ==
Adoitan medir entre 1 e 8 [[centímetro]]s. Inda que hai especies [[microscopio|microscópicas]] e atopáronse [[fósil]]es de gasterópodos de dous [[metro]]s de lonxitude. A cuncha sérvelles como protección contra os depredadores (no caso das especies [[auga|acuáticas]]) e contra o desecamento (nas terrestres). Na [[cabeza]] teñen dous pares de tentáculos ou ''[[corno]]s'', no extremo dos máis longos atópanse os [[ollo]]s e os máis curtos son [[órgano]]s táctiles.
 
Liña 39:
Os gasterópodos veñen do [[cámbrico]] sendo moi común os fósiles en rochas mariñas, especialmente do [[cenozoico]].
 
=== Alimentación ===
A [[alimentación]] dos caracois é variada. Principalmente son fitófagos, prefiren as follas e outros tecidos [[herbívoro|vexetais]], pero tamén poden alimentarse de restos animais e, como xa se dixo, mesmo hai especies carnívoras. Poden chegar a tomar ó [[día]] a unha cantidade de alimento equivalente á metade do seu [[peso]]. Son de importancia na [[cadea trófica]] pois serven de alimento a moitas especies de [[peixe]]s e [[ave]]s.
 
Nalgúns lugares como [[Cataluña]] son tradicionalmente apreciados na [[cociña]]. Os ''escargots'' [[Francia|franceses]] críanse para tal fin, e en [[Portugal]] sérvense como aperitivo. En Galiza existe algunha granxa de cría e engorde de caracois para consumo humano. Isto deu pé á celebración de [[festa gastronómica|festas gastronómicas]] para a súa exaltación, como a [[festa do Caracol de Sacos|festa do caracol]] de [[Sacos, Cotobade|Santa María de Sacos]] ([[Cotobade]]).
 
== O caracol na cultura popular galega ==
Os campesiños consideran ós caracois prexudiciais para o [[campo]] porque come das plantas da horta, especialmente nos brootes e plantas novas.
 
=== Locucións ===
* Custar máis o pringue cós caracois.
* Levalo todo ó lombo coma o caracol.
Liña 53:
* Pecharse como o caracol.
 
=== Refraneiro ===
* Cando chove e fai sol, colle o caracol.
* Con bo sol, abre os ollos o caracol.
Liña 64:
* Pro caracol non hai roubos, pois todo o que ten traino ó lombo.
 
=== Coplas ===
* Caracol, caracol, bota os corniños ó sol, que a túa nai e o teu pai tamén os botou.
 
=== Adiviñas ===
* Levo a casa ó lombo,/ ando sen ter unha pata;/ vou marcando o pasiño/ deixando un camiño de prata.
* Nunca poño mala cara/ anque sempre me dan col,/ ¿que bicho son?
Liña 74:
* ¿Que cousiña cousa será elo/ a que trai a casa ó carrelo?
 
=== Usos terapéuticos ===
[[Ficheiro:Navelwort 700.jpg|thumb|200px|Couselo, pucho das parades ou, tamén, ''caracol'']]
A baba dos caracois é boa para cura-los catarros de peito (ERG:baba).
 
Co nome de ''caracol'' desígnase tamén unha herba que medra nos valados e tellados, o [[couselo]] (''Umbilicus rupestris''). ''Trevo caracol'' designa outra planta herbácea, a [[alfalfa]] (''Medicago sativa''). [[Frei Martín Sarmiento|Martín Sarmiento]] cita unha terceira planta, chamada ''herba do caracol'' (ou ''herba da gouxa'' e ''serpentina''), da que di que, en cocemento, cura os animais mordidos por unha [[cobra]], pero os datos que dá non permiten identificala.
 
''Verme caracol'' é unha das denominacións populares da larva que ataca as [[col]]es.
Liña 84:
[[Xosé Ramón Mariño Ferro|Mariño Ferro]] tamén recolleu outros usos do caracol na medicina popular doutros países. Así, en [[Lancashire]], para cura-las febres ensartan nove ou once caracois nun fío, e cada vez que se pon un dise "''Aquí deixo a miña febre''"; unha vez tódolos caracois no fío, bótanse ó lume. En [[Italia]], curan as [[espulla]]s fregando nelas cun caracol que logo botan lonxe dun e cara ao mar.
 
== Galería de imaxes ==
:''Vexa tamén a [[galería de imaxes de gasterópodos de Galicia]].''
<gallery>
Liña 93:
</gallery>
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|snails}}
=== Bibliografía ===
* ''[[Enciclopedia]] [[Microsoft]] Encarta [[2009]]'' ([[DVD]]) {{es}}.
* Anónimo: ''Refraneiro do viño''. Castrelos. Col. O Moucho. Vigo 1974.
Liña 106:
* ZAMORA MOSQUERA, Federico: ''Refráns e ditos populares gallegos''. Galaxia, Vigo 1972.
 
=== Outros artigos ===
* [[Lista de gasterópodos de Galicia]].
* [[Festa do caracol da Graña do Umia]].
 
[[Categoría:Gasterópodos]]
Liña 117:
[[bg:Охлюв]]
[[bn:শামুক]]
[[br:Melc'hwed -krogennek]]
[[ca:Caragol de terra]]
[[cdo:Ngù-mō̤-ngù-giāng]]