Atmosfera terrestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (bot Engadido: sw:Angahewa
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: br:Atmosferenn; cambios estética
Liña 2:
{{Atmosfera terrestre}}
[[Ficheiro:Atmosfera.Capas.svg|right|150px]]
A '''atmosfera''' é unha fina capa gasosa que envolve o planeta [[Terra]], e á que retén a forza da [[gravidade]].
 
Tamén posúen atmosfera outros planetas do [[sistema solar]].
 
== Definición ==
[[Ficheiro:IMAGE63.JPG|thumb|left|300px|Atmosfera vista en torno dos 110 km de altitude]]
A atmosfera ''pode ser descrita como unha fina capa de gases sen cheiro, sen cor e sen gusto que apresa á Terra pola forza da gravidade.
Visto dende o espazo, o [[planeta]] Terra aparece como unha esfera de cor azul brillante. Ese efecto cromático prodúceo a dispersión da luz solar na atmosfera.
 
==== Composición ====
Segundo Barry e Chorley (1976): ''a composición da atmosfera e maila súa estrutura vertical posibilitaron o desenvolvemento da vida no planeta''. En función da súa composición, distinguimos dúas partes: a [[homosfera]], por baixo dos 100 km e que cando está seca, está composta por [[nitróxeno]] (N) nun 78,08 % do volume da atmosfera, actúa como soporte dos demais compoñentes, de vital importancia para os seres vivos, fixado no solo pola acción de bacterias e outros microorganismos, absórbeno as plantas en forma de proteínas vexetais; [[Osíxeno molecular|osíxeno]] (O<sub>2</sub>) nun 20,94 %, a súa estrutura molecular varía conforme a altitude en relación ao solo, é responsable dos procesos respiratorios dos seres vivos; [[argon]] (Ar) 0,93 %; [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>) (variable) 0,035 %; [[helio]] (He) 0,0018 %; [[ozono]] (O<sub>3</sub>) 0,00006 %; [[hidróxeno]] (H) 0,00005 %; [[cripton]] (Kr) indicios; [[metano]] (Me) indicios; [[xenon]] (Xe) indicios; [[radon]] (Rn) indicios.
 
Por riba dos 100 km temos a [[heterosfera]], estratificada en diversas capas de composición diferente:
Liña 20:
* Capa de hidróxeno (3.500-10.000 km )
 
==== O vapor de agua ====
[[Ficheiro:WaterVapor.jpg|thumb|right|150px|Concentración de vapor na atmosfera causada polo fenómeno ''El Niño'']]
O vapor de auga en suspensión no ar atópase principalmente nas capas baixas da atmosfera (75% abaixo de 4.000 m de altura) e exerce o importante papel de regulador da acción do Sol sobre a superficie terrestre; a cantidade de vapor varía moito en función das condicións climáticas das diferentes rexións do planeta, os niveis de evaporación e precipitación compénsanse ata chegar a un equilibrio, pois, as capas inferiores están moi próximas ao punto crítico no que a auga pasa do estado líquido ao gasoso.
Liña 30:
A atmosfera protéxenos a nós e en xeral á [[vida]] no [[planeta]] [[Terra]], absorbendo a [[radiación]] solar [[ultravioleta]] e as variacións extremas de temperaturas entre o día e a noite.
 
==== Límite entre atmosfera e espazo exterior ====
[[Ficheiro:Atmosphere model.png|thumb|left|300px| Modelo da atmosfera en función da altitude]]
Non existe un límite definido entre o [[espazo]] exterior e a atmosfera, presúmese que esta teña preto de mil quilómetros de espesor, o 99% da densidade concéntrase nas capas máis baixas, preto do 75% está nunha faixa de 11 km da superficie, á medida en que se sobe, o ar vaise tornando cada vez máis raro, perdendo a súa homoxeneidade e composición.
Na exosfera, zona que se considera limítrofe entre a atmosfera e mailo espazo interplanetario, algunhas moléculas de gas acaban escapando á acción do campo gravitacional.
 
O estudo da evolución térmica segundo a altitude revelou a existencia de diversas capas superpostas, caracterizadas por comportamentos distintos a medida que a súa [[densidade]] vai diminuíndo gradualmente co aumento da [[altitude]], os efectos que a presión atmosférica exerce tamén diminúen na mesma proporción.
 
Este modelo térmico da atmosfera terrestre é fundamental para o estudo de toda unha serie de fenómenos da súa superficie, como os movementos de masas de ar e os ventos, as precipitacións meteorolóxicas e as mudanzas do clima.
Liña 43:
A altitude de 100 km tamén se usa frecuentemente como o límite entre a atmosfera e mais o espazo.
 
== Temperatura e capas atmosféricas ==
A temperatura da atmosfera da [[Terra]] varía entre capas en altitudes diferentes, polo tanto, a relación matemática entre temperatura e altitude tamén varía, sendo unha das bases da clasificación das diferentes capas da atmosfera.
 
A atmosfera está estruturada en tres capas relativamente quentes, separadas por dúas capas relativamente frías. Os contactos entre esas capas son áreas de descontinuidade, e reciben o sufixo "pausa", despois do nome da capa subxacente.
== Capas e áreas de descontinuidade ==
As capas atmosféricas son distintas e están separadas entre si por áreas fronteirizas de descontinuidade.
[[Ficheiro:atmo_camadas.png|thumb|right|300px|Capas da atmosfera, simplificadamente.]]
 
=== Tropopausa ===
A [[tropopausa]] é o nome dado á capa intermediaria entre a troposfera e a estratosfera, situada a unha altura media en torno de 17km no Ecuador.
 
A distancia da Tropopausa en relación ao solo varía conforme as condicións climáticas da troposfera, da temperatura do ar, a latitude entre outros factores. Se existe na troposfera unha axitación climática con moitas correntes de convección, a tropopausa tende a subir. Isto débese ao aumento do volume do ar na troposfera, este aumentando, aquela aumentará, por consecuencia, empurrará a tropopausa para riba. Ao subir, a tropopausa arrefría, pois o ar enriba dela está máis frío
[[Ficheiro:AthmospherePhisicsAAL.JPG|thumb|left|300px|Este gráfico ilustra a distribución das capas da atmosfera segundo a Presión, Temperatura Altitude e Densidade]]
 
=== Estratosfera (7/17 - 50 km) ===
Na [[estratosfera]] a temperatura aumenta coa altitude e se caracteriza polos movementos de ar en sentido horizontal, fica situada entre 7 e 17 ata 50 km de altitude aproximadamente, sendo a segunda capa da atmosfera , comprendida entre a troposfera e a mesosfera, a temperatura aumenta á medida que aumenta a altura. Presenta unha pequena concentración de vapor de auga.
 
=== Estratopausa ===
Na parte superior da estratosfera e preto da [[estratopausa]], situase a maior parte do ozono da atmosfera, en torno aos 22 quilómetros por riba da superficie terrestre.
 
=== Mesosfera (50 - 80/85 km) ===
Situada entre a estratopausa, na súa parte inferior, e a mesopausa na súa parte superior; entre 50 a 85 km de altitude. Na [[mesosfera]] a temperatura diminúe coa altitude, chegando a -90 º&nbsp;°C no seu cumio. Na mesosfera é onde ocorre o fenómeno da aeroluminescencia das emisións da hidroxila.
 
=== Mesopausa ===
A [[mesopausa]] é a rexión da atmosfera que determina o límite entre unha atmosfera con masa molecular constante con outra onde predomina a difusión molecular.
 
=== Termosfera (80/85 - 640+ km) ===
A [[termosfera]] localízase enriba da mesopausa; nela a temperatura aumenta coa altitude rápida e monotonicamente ata onde a densidade das moléculas é tan pequena que, movéndose en traxectorias aleatorias, raramente chocan.
 
== Rexións atmosféricas segundo a distribución iónica ==
Alén das capas, e en conxunto con estas, existen as rexións atmosféricas, nestas ocorren diversos fenómenos físicos e químicos.
[[Ficheiro:IonogramLayerIonosphereAAL.JPG|thumb|left|600px|Esquema das capas ionosféricas]]
 
== Ionosfera ==
[[Ionosfera]] é a rexión que contén [[ións]]: comprendendo desde a mesosfera ata a termosfera, que chega aproximadamente aos 550 km de altitude.
 
Liña 82:
 
[[Capa D]]
* A máis próxima ao solo, fica entre os 50 e 80 km; é a que absorbe a maior cantidade de enerxía electromagnética.
 
[[Capa E]]
* Por riba da capa D, embaixo das capas F1 e F2, a súa altitude media é entre os 80 e os 100-140 km. Semellante á capa D.
 
[[Capa E Esporádica]]
* Esta capa ten a particularidade de ficar máis activa canto máis perpendiculares son os raios solares que inciden nela.
 
 
[[Capa F1]]
* A capa F1 está por riba da capa E e embaixo da capa F2 ~100-140 ata ~200 Km. Existe durante os horarios diúrnos.
 
[[Capa F2]]
* A máis alta das capas ionosféricas a capa F2, está entre os 200 e 400 km de altitude. Enriba da F1, E, e D respectivamente. É o principal medio de reflexión ionosférico.
 
== Exosfera ==
A [[exosfera]] fica enriba da ionosfera; é onde a atmosfera entra en contacto co espazo exterior.
 
== Ozonosfera ==
A [[ozonosfera]] é onde fica a capa de [[ozono]], de aproximadamente 10 a 50 km de altitude onde o ozono da [[estratosfera]] é abundante. Note que ata mesmo dentro desta rexión, o ozono é un compoñente raro.
 
== Magnetosfera ==
A [[magnetosfera]] é a rexión onde o [[campo magnético]] da Terra interactúa co [[vento sola]]r. Esténdese a milleiros de quilómetros, cunha cauda invisible sendo soprada para lonxe do [[Sol]].
 
== Cinto de Van Allen ==
O cinto de radiación ou [[cinto de Van Allen]] é a rexión onde se concentran partículas provenientes do Sol.
 
== Temperatura media e presión ==
* A temperatura media da atmosfera na superficie da Terra é de 14 &nbsp;°C.
* A [[Presión atmosférica]] é o resultado directo do peso exercido pola atracción [[gravidade|gravitacional]] da Terra sobre a capa de ar que a envolve, variando conforme o momento [[clima|climático]], a hora, o lugar e maila altitude.
 
* Preto do 50% do total da masa atmosférica está ata uns 5 km de altitude.
 
* A presión atmosférica ao nivel do mar, é aproximadamente 101,3 quilopascais.
 
== Densidade e masa ==
 
* A densidade do ar ao nivel do [[mar]] é aproximadamente 1,2 kg/m³. Esta densidade diminúe a maiores [[altitude]]s á mesma taxa da diminución da presión.
 
* A masa total da atmosfera é aproximadamente 5.1 × 1.018 kg, unha millonésima parte da masa total da Terra.
 
== A evolución da atmosfera terrestre ==
Podemos comprender razoabelmente a historia da atmosfera da Terra ata uns 1.000 millóns de anos atrás. Recuando no tempo, podemos soamente especular, pois aínda é unha área en constante investigación.
 
* Atmosfera moderna ou, terceira atmosfera, esta denominación é para distinguir a composición [[química]] actual das dúas composicións anteriores.
 
==== Primera Atmosfera ====
A primera atmosfera, era principalmente [[helio]] e [[hidróxeno]]. Disipouse co [[calor]] provinte da [[codia terrestre]], aínda en forma de plasma, e mailo Sol.
 
==== Segunda atmosfera ====
Hai aproximadamente 3.500 millóns de anos, a superficie do planeta arrefriara abondo para formar unha codia endurecida, poboándoa con [[volcáns]] que liberaron vapor de auga, [[gas carbónico]], e [[amonio]].
Desta forma, xurdiu a "segunda atmosfera", que estaba formada principalmente por gas carbónico e vapor de auga, con algún nitróxeno.
Liña 148:
No comezo o osíxeno combinou con varios elementos (como [[ferro]]), mais finalmente acumulouse na atmosfera producindo extincións en masa e evolución.
 
==== Terceira atmosfera ====
Coa aparición dunha capa de [[ozono]] (O<sub>3</sub>), a [[ozonosfera]], as formas de [[vida]] no [[planeta]] foron mellor protexidas da [[radiación ultravioleta]]. Esta atmosfera de osíxeno-nitróxeno é a ''terceira atmosfera''. Ten unha estrutura complexa que funciona como reguladora da temperatura e humidade da superficie.
 
== A auto regulación da temperatura e presión ==
 
[[Ficheiro:SurfaceTemperature.jpg|thumb|left|300px|mapa mostrando a temperatura da superficie da Terra]]
Liña 160:
Todos os mecanismos relatados mais enriba actuando en conxunto, xeran unha transición suave de temperaturas en todo o planeta.
 
* Unha excepción á regra ocorre onde son menores a cantidade de auga, vapor desta e a espesura da troposfera, como nos desertos e cordilleiras de grande altitude.
[[Ficheiro:Wind speed climatology.jpg|thumb|right|300px|Mapa dea velocidade dos ventos]]
 
Liña 169:
Aos movementos verticais e horizontais de superficie, súmanse os [[jet streams]], e os movementos de masas de ar, que determinan as condicións climáticas do planeta.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Circulación xeral atmosférica]]
* [[Polución]]
* [[Quecemento global]]
 
=== Bibliografía ===
* Donn, W. L. (1978) ''Meteorología''. Ed. Reverté.
 
Liña 188:
[[bg:Атмосфера на Земята]]
[[bn:পৃথিবীর বায়ুমণ্ডল]]
[[br:Atmosfer (Douar)Atmosferenn]]
[[bs:Atmosfera]]
[[ca:Atmosfera terrestre]]