Encoro de Portodemouros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: de:Embalse de Portodemouros
desambig
Liña 5:
==Historia==
[[Ficheiro:NOVO ENCORO.JPG|thumb|275px| Aliviadoiro sobre a nova presa augas abaixo de Portodemouros.]]
Nunha orde ministerial do [[10 de novembro]] de [[1962]], o Estado concedeulle á [[Hidroeléctrica Moncabril]] o aproveitamento integral da cunca do río Ulla mediante a construción de oito encoros ([[Belmil, Santiso|Belmil]], Portodemouros, [[Ledesma, Boqueixón|Ledesma]], Lamas, Fornelos, San Paio, Pereiro e Padrón), ocupando terreos nos concellos de [[Antas de Ulla]] e [[Palas de Rei]] ([[provincia de Lugo]]), [[Arzúa]], [[Boqueixón]], [[Melide]], [[Padrón]], [[Santiso]], [[Touro]], [[Teo]] e [[Vedra]] ([[provincia da Coruña]]), e [[Agolada]], [[A Estrada]], [[Lalín]], [[Rodeiro]], [[Silleda]] e [[Vila de Cruces]] ([[provincia de Pontevedra]]), se ben finalmente só se construíu o de Portodemouros. Na actualidade estanse a facer dous máis entre Touro, Arzúa e Vila de Cruces. En outubro de [[1971]], outra orde ministerial, transfírelle a concesión á sociedade [[Unión Eléctrica]], e o [[7 de xullo]] de [[1979]] a dirección xeral de obras hidráulicas transferiuna a favor de Fuerzas eléctricas del Noroeste ([[FENOSAFenosa (1942)|Fenosa]]), sendo na actualidade propiedade de [[Unión Fenosa]] despois da súa fusión.
 
Trescentos metros augas abaixo da actual presa atopábase a [[presa de Salgado]], encoro de reducidas dimensións que abastecía de luz eléctrica á bisbarra. Esta obra foi destruída para facer efectivo o desaugue do actual encoro, pois coincide case co final da cunca de amortecemento.