Diferenzas entre revisións de «Xosé María Arias»

(→‎Traxectoria: amplío)
(→‎Traxectoria: amplío)
Canda o seu irmán [[Vicente Arias|Vicente]], comezou a traballar rapidamente no [[Banco Pastor]], na asesoría xurídica ([[1980]]). En [[1983]] foi nomeado subdirector dos servizos xurídicos, e en 1986, incorpórase ao [[consello de administración]] como letrado asesor. En 1988, foi nomeado subdirector xeral e secretario do consello de administración. Finalmente en [[1991]] convértese en director xeral de Banco Pastor, e en setembro de [[2001]] relevou a súa tía na presidencia do [[Banco Pastor]].
 
Paralelamente, convertíase en vicepresidente da [[Fundación Barrié]], e no seu presidente a partir do falecemento en [[2009]] da súa tía. Tamén é vogal do padroado da [[Fundación Príncipe de Asturias]] e da [[Fundación Juana de Vega]].
 
Xosé María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación do banco que se inicia co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005 que se continúa co Plan Delta, plan estratéxico que durará ata decembro de 2008.