Talo (talófitas): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
algfunhas
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
Talo normalmente refírese ao corpo sinxelo dun organismo pluricelular no cal non hai diferenciación en tecidos biolóxicos nin, por tanto, en órganos.<ref>Strasburger, E. (1994): ''Tratado de botánica''. Bareclona: Omega, 8ª ed., páx. 171.</ref> <ref>Haupt, Arthur W. (1953): ''Plant Morphology''. New York:
McGraw-Hill Book company, páx 7.</ref> Aínda que os talos non están organizados en distintas partes como as follas, raíces e ''talos'' ou caules que si teñen as [[planta vascular|plantas vasculares]], teñen estruturas análogas equivalentes e con funcións similares, e ás veces tamén estrutura macroscópica similar, pero con diferente estrutura microscópica; por exemplo, este talo non ten [[tecido vascular]].
 
Pese a que o talo ten unha anatomía en gran parte indiferenciada, poden verse algunhas diferenzas. Unha alga [[lamimaria]], por exemplo, pode ter o talo dividido en tres rexións: unha de ancorado ou de suxeición, o [[estípite]] e unhas láminas que fan a fotosíntese.