Feira do cocido de Lalín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 1:
A '''Feira do Cocido de Lalín''' e unha festa gastronómica que se celebra cada ano o domingo antes do [[Entroido]] no concello de Lalín. A Feira do Cocido xorde no ano [[1968]] como iniciativa de difusión e comercialización dos productosprodutos típicos da [[comarca do Deza]] levada a cabo polos seis concellos dezaos ([[Lalín]], [[Silleda]], [[Vila de Cruces]], [[Rodeiro]], [[Agolada]] e [[Dozón]]).
 
==Historia==
Liña 5:
A primeira experiencia tivo por lema ''Unidos polo mesmo afán'', a Feira do Cocido como tal xorde da tradición dun grupo de lalinenses que cada ano se xuntaba para comer cocido, de modo que o Concello de Lalín crea esta festa gastronómica poñendo en práctica as ideas xurdidas naqueles encontros.
 
A primeira Feira do Cocido celebrouse no ano [[1969]], sendo unha das decanas entre as moitas festas gastronómicas celebradas na xeografía galega. Durante a súa longa traxectoria convertiuseconverteuse nunha data senlleira no calendario festivo e gastronómico galego, achegándose a Lalín miles de persoas durante a súa celebración para provarprobar este prato tradicional, que no concello dezao acada identidade propia.
 
No ano 1999 a Feira do Cocido foi declarada como [[Festa de Galicia de Interese Turístico]] por parte da [[Xunta de Galicia]] e vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que adoita colapsar Lalín coa chegada de máis de 50.000 persoas.
 
Dende o concello lalinense levanselévanse a cabo múltiples iniciativas que teñen como fin a popularización do seu prato mais insigne e a promoción do municipio. Cabe destacar entre estas: a celebración do [[Mes do Cocido de Lalín|Mes do Cocido]], entrega dos [[Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro|premios Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico]], concertos, degustacións de [[cocido]] en diferentes cidades e países, celebración da [[matanza|mata tradicional]], etc.
 
Entre os seus principais atractivos destacan: o desfile de Carrozas, comparsas e charangas; a posta en marcha de concertos e distintas actividades; e por suposto a propia feira, na que se expoñen os mellores productosprodutos das terras de Deza.
 
==Galería de imaxes==
{{AP|Galería de imaxes da Feira do cocido de Lalín}}
<gallery>
File:XLI Festa do Cocido de Lalín - 15 feb 09 - 0210.jpg|XLI Festa do Cocido de Lalín.
 
</gallery>
 
[[Categoría:Festas gastronómicas galegas]]