Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 67:
 
Biafra afirmou que os seus avogados lle dixeran que iso tiña que falalo a través dos propios avogados e non comunicalo el directamente á banda, xa que o conflito ao parecer aparecera aparentemente antes de que o erro fose descuberto. As dúas bandas aseguran que procuraron resolver o asunto sen iniciar acción legais, pero finalmente complicouse nunha disputa legal (onde tamén entraron dereitos de publicación e outros motivos) pasando ao pouco tempo aos tribunais, onde Biafra foi declarado responsable dos ''royalties'' e culpable de fraude e malicia, e foi condenado a pagar danos por preto de 200.000 dólares, incluidos 20.000 en perxuizos, ao resto dos membros.
 
A malicia foi definida polo xurado como "a conduta que ten a intención de causar lesións ou a conduta despreciable que se realiza cun desprezo deliberado e consciente dos dereitos dos demais". A apelación de Biafra foi rexeitada; el tivo que pagar os ''royalties'' pendentes e os danos punitivos, e ademais foi forzado a ceder os dereitos da meirande parte do catálogo dos Dead Kennedys a sociedade Decay Music.
 
O xurado e os xuíces tamén destacaron, nas súas propias palabras, que Biafra "carecía de fiabilidade" no tema das composicións e polas probas presentadas por ambalasdúas partes atoparon que os créditos de composición correspondían a toda a banda, e usando unha cláusula da sociedade do grupo deuselle unha pequena parte dos ''royalties'' das canción á banda.
 
== Discografía ==