Pieter Zeeman: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: lv:Pīters Zēmanis
m arranxiño
Liña 3:
[[Ficheiro:Zeeman.jpg|thumb|150px|Peter Zeeman]]
 
'''PeterPieter Zeeman''' foi un físico [[Países Baixos|holandés]] que naceu no ano [[1865]] na pequena vila de [[Zonnemaire]] nos [[Países Baixos]]. Despois de rematar os seus estudos primarios marchou a estudiar a Delft durante dous anos, onde recibiu formación en linguas clásicas. Entrou na Universidade de Leyden no ano [[1885]] e non tardou en entrar en contacto con [[Heike Kamerlingh Onnes]], [[Premio Nobel de Física]] no ano [[1913]], quen foi mestre seu durante doce anos. O interese e a paixón do xoven Zeeman pola experimentación axiña marabillou ao seu mestre e foi o froito dunha amizade entre os dous científicos que traería grandes éxitos. Algún ano despois tamén entrou en contacto con outro físico, [[Hendrik Lorentz|Lorentz]], que traballaba en temas de física experimental.
No ano [[1893]] acadou o título de doutor e marchou a traballar ao [[Instituto F. Kohlrausch]] en [[Estrasburgo]], onde traballou con [[E. Cohn]] durante seis meses. Mais voltou a [[Leyden]] cunha praza de docente que mantivo ata o 1897, ano no que publicou o seu gran traballo, polo que pasou a historia da física e da ciencia, "a división [[Magnetismo|magnética]] das liñas do [[espectro electromagnético]]", tamén coñecido por Efecto Zeeman. Grazas a este traballo no ano 1902, recibiu o Premio Nobel de Física, xunto con [[Hendrik Lorentz|Lorentz]]. No ano 1908 trasladouse á Universidade de [[Amsterdam]] onde sustituiu como director do Laboratorio de Física a [[Johannes Diderik van der Waals|Van der Waals]] (Premio Nobel de Física no ano [[1910]]), que se xubilaba.