Elvis Presley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 24:
Ao seu retorno ao Estados Unidos decantouse por outros estilos musicais -country, gospel, canción lixeira e mesmo napolitanas- conseguindo catro números un en singles e a mesma posición para o album ''G.I.Blues'', banda sonora dunha película que cambiaba a imaxe de héroe marxinal por un xovial soldado americano de servizo en Alemaña. Isto cerraba a operación de marketing que acompañou ao seu servizo militar. O Coronel incidiu na teima de converter ao cantante rebelde e lascivo nun artista respetable para todos os públicos edulcorando a súa imaxe mediante infinidade de películas meramente comerciais e a abandonando paulatinamente o rock. O punto de inflexión sería o abandono dos concertos e a película [[''Blue Hawai'']] ([[1961]]) cun enorme éxito en taquilla de ámbito internacional que marcaría un novo rumbo na súa carreira alleo á evolución do rock e o pop.
 
===Final===
 
A finais dos 60 tentou recobrar a popularidade anterior, que tan só conseguirá puntualmente co ''show'' televisivo coñecido como o ''Come Back Special'' e con temas como ''High heel sneakers'', ''If I can dream'' ([[1968]]), ''In the Ghetto'', ''Don´t Cry Daddy'' ou ''Suspicious Mind'' ([[1969]]). Nos anos 70 serán célebres concertos históricos como o de [[Hawaii]] ([[1973]]), [[Pontiac]] ([[1975]]) ou os de [[Las Vegas]] ([[1976]]-77), estes últimos xa en plena decadencia física.