Ramnosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
A '''ramnosa''' é un [[monosacárido]] de seis átomos de carbono metilado. Pode clasificarse como unha [[hexosa|desoxihexosas]], polo que é un desoxiazucre cun grupo OH de menos, denominado [[manosa|6-desoxi-L-manosa]], ou pode clasificarse como unha metilpentosa, é dicir, unha [[pentosa]] cun grupo metilo ou CH<sub>3</sub>, que está situado no último carbono (en total ten seis carbonos).
 
O enantiómero que se encontra na natureza é a L-ramnosa (ou 6-desoxi-L-manosa), xa que a forma D é extremadamente rara, o que é pouco habitual nos monosacáridos. O seu nome provén das plantas do xénero ''[[sanguiño|Rhamnus]]'' das que se illou por primeira vez <ref>[http://www.merriam-webster.com/dictionary/rhamnose Definición*</ref>. Tamén pode obterse da especie ''[[Toxicodendron vernix]]'' ou atoparse noutras plantas en forma de [[glicósido]].
Diversas substancias biolóxicas conteñen ramnosa, como os [[polímero]]s de [[pectina]], característicos das [[parede celular|paredes celulares]] vexetais, e na parede de certos [[microorganismo]]s, como as [[micobacteria]]s, entre eles as causantes da [[tuberculose]].<ref>{{cita libro |editor=Golan, David E. |otros=Armen H. Tashjian Jr., Ehrin J. Armstrong, Joshua N. Galanter, April Wang Armstrong, Ramy A. Arnaout, Harris S. Rose |título=Principles of Pharmacology: The Pathophysiologic Basis of Drug Therapy |año=2005 |editorial=Lippincott Williams and Wilkins |idioma=English |isbn=0-7817-4678-7 |páginas=569 |capítulo=Chapter 35 - Pharmacology of the Bacterial Cell Wall }}</ref>