Fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:NADPH-3D-balls.png|thumb|Modelo do NADPH.]]
 
O '''fosfato do dinucleótido de nicotinamida e adenina''' ou '''nicotinamida adenina dinucleótido fosfato''' ou '''nicotín adenín dinucleótido fosfato''', abreviado '''NADP<sup>+</sup>''' (forma oxidada) e '''NADPH''' (forma reducida), é un [[coencima]] que intervén en numerosas vías [[metabolismo|anabólicas]]. É análogo do coencima similar [[NAD|NAD<sup>+</sup>]], pero cun fosfato adicional, aínda que non exerce as mesmas funcións. Unha parte da súa molécula procede da [[vitamina B3|vitamina B<sub>3</sub>]].<ref>Westheimer, F.H., Why nature chose phosphates, Science 235, 1173-1178 (1987).</ref>
 
O NADPH proporciona parte do [[poder redutor]] necesario para as reaccións de [[redox|redución]] das [[biosínteses]], actuando como cofactor das [[oxidorredutase]]s. Intervén na [[ciclo de Calvin|fase escura]] da [[fotosíntese]] ([[ciclo de Calvin]]), na que se fixa o [[dióxido de carbono]] (CO<sub>2</sub>) e se sintetizan azucres, aínda que se xera na [[fase luminosa]]. Nos animais a maior fonte de NADPH é a fase oxidativa da [[ruta da pentosa fosfato]], que produce o 60% dos requirimentos da [[célula]] deste coencima.