Técnica Levallois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 23:
 
==== Obtención de puntas Levallois ====
[[ImageFicheiro:Pointe levallois Beuzeville MHNT PRE.2009.0.203.2.fond.jpg|thumb|250px|<center> Punta Levallois - [[Beuzeville]] <center>]]
Os núcleos Levallois para puntas prepáranse de diversos modos, todos moi específicos, que buscan crear un nervio lonxitudinal na cara de explotación do núcleo (o chamado nervio Levallois); existen diversos medios para obter ese nervio, tal como se puido demostrar nos [[Talla lítica experimental|experimentos de talla]] e na recolocación de pezas procedentes de [[xacemento arqueolóxico|xacementos arqueolóxicos]]. Este nervio é o suficientemente prominente como para dirixir a [[fractura concoidea|fractura]] da lasca, ao golpear nunha plataforma especificamente preparada para iso. As pezas así obtidas teñen unha morfoloxía triangular simétrica, cunha zona proximal ancha (na que se conserva un talón diedro ou facetado) e unha zona terminal moi afiada dividida en dúas polo mencionado nervio a modo de [[bisectriz]], ademais de ser, vistas de perfil, moi finas e equilibradas. Cando a punta extraída non alcanza os límites da cara de explotación do núcleo, é posible aproveitar esa preparación para obter unha segunda [[punta Levallois]] que levará na súa cara superior o negativo da peza extraída previamente. Aínda que isto ocorre raras veces, o procedemento puido ser reproducido experimentalmente por [[François Bordes]], quen fala, por iso, de puntas Levallois de primeiro e segunda orde.
[[Ficheiro:Levallois Point-Animation.gif|thumb|Extracción dunha punta Levallois]]