Escultura da Grecia antiga: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: zh:古希臘雕刻 |
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:) |
||
Liña 42:
Ao mesmo tempo a escultura pasou a ser usada para outras finalidades, como a simple decoración e o rexistro histórico de eventos importantes. Nesta época estaban sendo construídos grandes templos, como o [[Partenón]], que precisaba de elementos decorativos para o van triangular do [[frontón]] e os [[friso]]s. Esta necesidade, debido ás súas dificultades técnicas e estéticas de execución, foi un estímulo á creatividade dos escultores, producíndose a aparición de innovacións formais. No campo da escultura funeraria abandónase o carácter impersoal e son retratados grupos familiares, ben como individuos asolados en actitude de [[loito]] ou en despedida de parentes falecidos.
[[
[[Ficheiro:Belvedere Apollo Pio-Clementino Inv1015.jpg|thumb|left|110px|Leocarés: ''Apolo Belvedere'', c. 350-325 a.C.]]
Tamén comezan a ser rexistradas as actividades de artistas que formarían importantes escolas e establecerían novos patróns. Os primeiros notables, vencendo definitivamente a rixidez do período Arcaico, foron [[Mirón (escultor)|Mirón]], autor de obras primas como o [[Discóbolo]], onde as tensións do movemento son exploradas con mestría e realismo, e [[Kálamis]], autor do célebre ''Apolo do Onfalo'', que sobreviviu grazas ás súas copias romanas.
|