Courtney Love: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.6.4) (Bot: Modifico: ru:Лав, Кортни
m Bot: Substitución automática de texto (-[[File: +[[Ficheiro: & -[[Image: +[[Ficheiro:)
Liña 67:
 
A traxedia na vida persoal de Love ocorreu durante o maior logro de [[Hole]] ata o momento; ''[[Live Through This]]'', gravado no outono de [[1993]] en [[Atlanta]], podía atraer moita atención, non só por ser o primeiro álbum comercial da banda, senón tamén pola coincidencia da súa aparición aos poucos días da morte de [[Kurt Cobain]]. O álbum contaba cunha nova formación, con [[Kristen Pfaff]] no baixo e [[Patty Schemel]] na batería; [[Jill Emery]] e [[Caroline Rue]] deixaran o grupo en [[1992]]. Menos de dous meses despois do lanzamento do disco, o [[16 de xuño]], Kristen Pfaff morreu dunha suposta sobredose de heroína. Love recrutaría entón á baixista de 22 anos [[Melissa Auf der Maur]] para a xira que irían empezar. Durante os meses previos a esta xira, Love raramente apareceu en público.
[[FileFicheiro:Courtneylovecarnegiehall2009.jpg|thumb|250px]]
As actuacións de Hole en 1994 e 1995 destacaron polo estado emocional de Love nesa época, alterando algunhas das letras da cancións, dedicándolle temas a Cobain e a Pfaff, provocando aos seareiros, lanzando guitarras á audiencia, ou poñéndose a berrar no escenario. Moitos seguidores descontentos de [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], partidarios da teoría que dicía que Love asasinara a Cobain, chegaron a lanzarlle cartuchos de escopeta ao escenario.