Charles Stewart Parnell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
Paradanta (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: De en.wiki
Liña 12:
 
Tras a súa volta a Irlanda en 1880, e conseguido novamente o escano nas eleccións ao parlamento británico dese ano, a violencia ligada á cuestión agraria incrementouse, malia os consellos do partido de Parnell de non recorrer a ela. Isto provocou a necesidade de multiplicar os mítins políticos ao longo e ancho do país, ao tempo que seguiu acudindo á táctica do boicot para as súas fins. O presidente do Reino Unido, o [[Partido Liberal (Reino Unido)|liberal]] [[William Ewart Gladstone]], quen derrocara aos [[Partido Conservador (Reino Unido)|conservadores]] nas eleccións, impactado perante a relevancia que estaba a adquirir o movemento agrario irlandés, creou unha Comisión Agraria que reducía os arrendamentos e autorizaba a algúns arrendatarios a mercaren as súas granxas. Isto permitiu deter moitos dos desafiuzamentos arbitrarios causantes das revoltas violentas, mais non aqueles cuxa xénese se atopaba no impagamento das rendas.
 
A nova lei foi duramente atacada por Parnell e os seus, o que lle valeu a súa detención e entrada en prisión, ademais da ilegalización da Liga Agraria. Logrou, estando en prisión, forzar un acordo co goberno británico mediante o cal renunciaría á súa campaña contra a lei se o executivo cedía perante a petición de cen mil arrendatarios irlandeses dunhas rendas xustas. Finalmente, o 2 de maio de 1882 foi liberado.
 
{{DEFAULTSORT:Parnell}}