Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
de en.wiki
Liña 53:
 
Porén, o álbum tamén foi o inicio dunha prolongada época de problemas legais para a banda. As imaxes incluídas no libreto enfureceron á recén creada Parents Music Resource Center (PMRC). En decembro de 1985 unha adolescente mercou o disco na tenda Wherehouse Records no condado de Los Angeles. A nai da rapaza escribiu cartas queixándose ao Procurador Xeral de California e aos fiscais de Los Angeles. En 1986, os membros da banda, xunto con outras partes involucradas na distribución de ''Frankenchrist'', foron acusados penalmente pola distribución de material perxudicial a menores. A tenda onde a adolescente realmente mercou o álbum nunca foi nomeada na demanda. A acusación centrouse nunha ilustración de H.R. Giger, titulada "Work 219: Landscape XX" (tamén coñecida como "Penis Landscape", paisaxe de penes). Incluída como un póster no álbum, Penis Landscape representa nove penes copulando.
 
Os membros da banda e outras persoas da cadea de distribución foron acusados de violar o Código Penal de [[California]] por un delito menor cunha pena máxima dun ano de cadea e unha multa de 2.000 dólares. Biafra dixo que durante ese tempo axentes do goberno invadiron e rexistraron a súa casa. A fiscalía tentou presentar o póster ao xurado de forma illada para consideralo material obsceno, pero a xuiz Susan Isacoff dictaminou que o póster debía ser considerado xunto coa música e as letras. Os cargos contra tres dos acusados orixinais, Ruth Schwartz (dona de Mordam Records), Steve Boudreau (un distribuidor involucrado do suministro de ''Frankenchrist'' á tenda Los Angeles Wherehouse) e Salvatore Alberti (dono da fábrica onde o disco foi feito), foron retirados por falta de probas.
 
En agosto de 1987, o xuízo penal foi presentado ao xurado cos dous acusados restantes: Jello Biafra e Michael Bonanno (antigo mánager de Alternative Tentacles). Ese mesmo mes o proceso rematou cun desacordo entre o xurado. 7 dos seus 12 membros estaban a favor da absolución de todos os acusados. Os fiscais de distrito Michael Guarino e Ira Riener presentaron unha moción para un novo xuízo que foi rexeitada pola xuiz Isacoff, da Corte Superior do condado de Los Angeles. O álbum, porén, foi retirado de moitas tendas de discos de todo o país.
 
=== ''Bedtime for Democracy'' e separación ===
 
== Discografía ==