Traxe galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 3:
 
==Tecidos==
O [[candil]], o [[picote]], a [[urda]], o [[liño]], a [[la]] e todos os tecidos de confección artesanais foron os máis habituais dentro da xeografía galega ata ben entrado o [[século XX]]. Tinxíanse se era necesario tamén con métodos artesanais, sendo limitadoslimitadas osas cores que se podían obter. Importados de Castela e doutras zonas proviñan outros tecidos apreciados pola súa escaseza como a [[seda]], a [[pana]], os [[pano]]s [[pano brocado|brocado]]s e [[sedán]], o [[pardamonte]] e o [[veludo]]. Tamén eran importados os panos estampados e pintados. A industrialización e o comercio variaron non só as posibilidades de cores posibles e a duración do tinxido, senón tamén a calidade, variedade e dispoñibilidade de novos tecidos, que se ampliaron a [[ranela]] ou o [[mahón]]. Tamén implicou unha uniformidade no traxe e unha redución do número de pezas empregadas dado que os novos tecidos abrigaban dabondo.
 
==Traxe feminino==