Xardín botánico de Padrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Almaffi (conversa | contribucións)
Liña 5:
A súa orixe remóntase ás primeiras décadas do século XIX construído nunha finca da Calzada Romana pertencente ós Condes de San Xoán. Foi construído seguindo os modelos característicos da época, mesturando estilos italiano, inglés e francés.
 
No [[século XX]] foi declarado monumento artístico nacional, o 11 de xaneiro de 1946, grazas sobre todo a labor de [[Manuel Chamoso Lamas]], naqueles tempos Comisario do Servizo da defensa do patrimonio nacional. Debido a isto, as especies botánicas presentes no xardín foron clasificadas e inventariadas científicamente por primeira vez na súa historia polo Inspector Xeral de Montes [[Rafael Areses Vidal]]. Ademais levouse a cabo a primeira rotulación das árbores e especies máis salientables.
 
Posteriormente na segunda metade do século XX, o xardín foise degradando e perdendo protagonismo dentro da vida cotiá cultural da vila. Foi a partires do ano 1.987 que volveuse a potenciar a labor científica dentro do xardín e comezaron as ampliacións ou remodelacións dos equipos e infraestruturas que lle dan a aparencia actual. Deste xeito dotouse o xardín de novos espazos públicos, dun herbario, dun invernadoiro e novas zoas axardinadas.