Dead Kennedys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 46:
=== ''In God We Trust, Inc., Plastic Surgery Disasters'' e Alternative Tentacles ===
Despois de que Peligro se unise á banda, o EP ''[[In God We Trust, Inc.]]'' (1981) amosa á banda indo cara o hardcore/thrash. Ademais do controvertido traballo artístico do EP, no que aparece a figura dun Cristo de ouro nunha cruz de billetes de dólar, as letras de Biafra son máis políticas, e temas como "Moral Majority", "Nazi Punks Fuck Off!" e "We've Got a Bigger Problem Now" convertirían a Dead Kennedys nos líderes dun movemento social. En 1982, editaron o seu segundo álbum de estudio, ''[[Plastic Surgery Disasters]]''. A súa portada amosa a man dun neno desnutrido en [[África]] sobre a man dun home branco. Esta imaxe gañou o premio [[World Press Photo]] en 1980, e foi tomada por [[Mike Wells]] no distrito de [[Karamoja]] en [[Uganda]].
 
A música da banda evoluira en pouco tempo, movendose novamente das fórmulas hardcore cara un máis inovador estilo jazzeiro, cunha musicalidade e dinámica máis aló doutras bandas do xénero. Nese momento a banda convertérase nunha forza política de facto. A banda continuou xirando polos [[Estados Unidos]], ademais de tocar por [[Europa]] e [[Australia]], e gañou moitos seguidores no ''underground''. Aínda que continuaron facendo concertos durante 1983 e 1984, tomáronse un descanso e non editaron novas gravacións para concentrarse no selo [[Alternative Tentacles]], que converteuse en sinónimo da cultura alternativa do "faino ti mesmo". A banda continuou compoñendo e interpretando novo material durante ese tempo, e eses temas aparecerían no seu seguinte álbum.
 
== Discografía ==