Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
As células de Schwann orixínanse na [[crista neural]] embrionaria. Durante o desenvolvemento embrionario do rato, células da crista neural diferéncianse primeiro en células precursoras das de Schwann e aproximadamente nos embrións de 12-13 días. Estas células precursoras diferéncianse posteriormente en células de Schwann inmaduras aproximadamente nos días 15-16 do desenvolvemento embrionario, e mantéñense así ata o necemento.
 
A evolución postnatal das células de Schwann inmaduras depende da súa asociación aleatoria cos axóns. Nun proceso denominado clasificación radial (''radial sorting''), por medio do cal as células de Schwann separan os axóns estendendo as súas prolongacións nos feixes de axóns, as células de Schwann que casualmente se asocian cun axón de gran diámetro (>1&nbsp;μm) diferéncianse en células de Schwann mielinizantes. Os axóns de pequeno diámetro quedan enterrados nas [[invaxinación]]s das células de Schwann non mielinizantes, tamén chamados feixes de Remak. Un regulador básico deste proceso é o sinal derivado dos axóns neurregulina-1, que se une aos receptores da superficie celular da célula de Schwann e promove a mielinización dos axóns de gran diámetro e clasifica os axóns de pequeno diámetro nos feixes de Remak, dependendo da actividade do encima β-secretase BACE1 (<ref>{{cite journal |pages=1035–46 |doi=10.1083/jcb.148.5.1035 |title=A Dual Role of erbB2 in Myelination and in Expansion of the Schwann Cell Precursor Pool |year=2000 |last1=Garratt |first1=A. N. |journal=The Journal of Cell Biology |volume=148 |issue=5 |pmid=10704452 |last2=Voiculescu |first2=O |last3=Topilko |first3=P |last4=Charnay |first4=P |last5=Birchmeier |first5=C |pmc=2174554}}</ref><ref>{{cite journal |pages=700–3 |doi=10.1126/science.1095862 |title=Axonal Neuregulin-1 Regulates Myelin Sheath Thickness |year=2004 |last1=Michailov |first1=G. V. |journal=Science |volume=304 |issue=5671 |pmid=15044753 |last2=Sereda |first2=MW |last3=Brinkmann |first3=BG |last4=Fischer |first4=TM |last5=Haug |first5=B |last6=Birchmeier |first6=C |last7=Role |first7=L |last8=Lai |first8=C |last9=Schwab |first9=MH}}</ref><ref>{{cite journal |pages=681–94 |doi=10.1016/j.neuron.2005.08.017 |title=Neuregulin-1 Type III Determines the Ensheathment Fate of Axons |year=2005 |last1=Taveggia |first1=Carla |last2=Zanazzi |first2=George |last3=Petrylak |first3=Ashley |last4=Yano |first4=Hiroko |last5=Rosenbluth |first5=Jack |last6=Einheber |first6=Steven |last7=Xu |first7=Xiaorong |last8=Esper |first8=Raymond M. |last9=Loeb |first9=Jeffrey A. |journal=Neuron |volume=47 |issue=5 |pmid=16129398 |pmc=2387056}}</ref><ref>{{cite journal |pages=664–6 |doi=10.1126/science.1132341 |title=Control of Peripheral Nerve Myelination by the -Secretase BACE1 |year=2006 |last1=Willem |first1=M. |last2=Garratt |first2=A. N. |last3=Novak |first3=B. |last4=Citron |first4=M. |last5=Kaufmann |first5=S. |last6=Rittger |first6=A. |last7=Destrooper |first7=B. |last8=Saftig |first8=P. |last9=Birchmeier |first9=C. |journal=Science |volume=314 |issue=5799 |pmid=16990514}}</ref><ref>{{cite journal |pages=1520–5 |doi=10.1038/nn1797 |title=Bace1 modulates myelination in the central and peripheral nervous system |year=2006 |last1=Hu |first1=Xiangyou |last2=Hicks |first2=Caitlin W |last3=He |first3=Wanxia |last4=Wong |first4=Philip |last5=MacKlin |first5=Wendy B |last6=Trapp |first6=Bruce D |last7=Yan |first7=Riqiang |journal=Nature Neuroscience |volume=9 |issue=12 |pmid=17099708}}</ref>). Nas [[unión neuromuscular|unións neuromusculares]] existe outra clase de células de Schwann non mielinizantes, chamadas células de Schwann terminais (ou perisinápticas), situadas en estreita proximidade da zona de [[sinapse]] neurona-músculo.
 
A transición de células de Schwann inmaduras a células de Schwann mielinizantes ou non mielinizantes é reversible. Cando o nervio está danado, as células de Schwann poden diferenciarse formando un tipo celular que lembra as células de Schwann inmaduras, a miúdo denominadas células de Schwann desnervadas ou desdiferenciadas. Isto permítelles volver a entrar no [[ciclo celular]] para proliferar e axudar á rexeneración dos nervios.<ref>{{Cite journal |pages=671–682 |doi=10.1038/nrn1746 |pmid=16136171 |title=The origin and development of glial cells in peripheral nerves |year=2005 |last1=Jessen |first1=Kristjan R. |last2=Mirsky |first2=Rhona |journal=Nature Reviews Neuroscience |volume=6 |issue=9}}</ref>