Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
Existen tamén células de Schwann non mielinizantes, que están implicaas no mantemento dos axóns e son básicas para a supervivencia neuronal. Algunhas agrúpanse arredor de pequenos axóns ([http://pcwww.liv.ac.uk/~rbj/RBJ/rbjteaching/Schwann%20Cells.htm Ver imaxe externa]) e forman [[feixes de Remak]].<ref>[http://focus.hms.harvard.edu/2003/Oct24_2003/neurology.html "Medical Student Named Rhodes Scholar"] - FOCUS - News from Harvard Medical, Dental and Public Health Schools - Copyright © 2010 President and Fellows of Harvard College.</ref>
[[Ficheiro:Gray631.png|thumb|right|Obsérvese a diferenza entre as incisuras da mielina e os ´ nodos de Ranvier.]]
As células de Schwann mielinizantes dos mamíferos empezan a formar a vaíña de mielina durante o desenvolvemento fetal e actúan enrolándose en espiral arredor do axón, ás veces dando 100 voltas. Unha célula de Schwann ben desenvolvida ten a forma dunha folla de papel enrolada, con capas de mielina entre cada volta. As capas internas desta envoltura, que son predominantemente material da [[membrana celular]], forman a vaíña de mielina, entanto que as capas máis externas do [[citoplasma]] nucleado forman o [[neurilema]]. Só un pequeno volume de citoplasma residual comunica as capas internas e externas, que nalgunhas zonas forma incisuras na mielina chamadas [[incisura de Schmidt-Lantermann|incisuras de Schmidt-Lanterman]] (ver debuxo da dereita).
 
Desde 2001 varios estudos experimentais implantaron células de Schwann intentando inducir a remielinización en casos de [[esclerose múltiple]].<ref>{{cite news| url=http://www.findarticles.com/p/articles/mi_m0850/is_4_19/ai_79957646 | work=Inside MS | title=First surgical transplant attempted to repair myelin - News - Brief Article | year=2001}}</ref> Nas últimas dúas décadas, moitos estudos demostraron resultados positivos e a posibilidade de utilizar o trasplante de células de Schwann como terapia para reparar danos na medula espiñal, axudando ao recrecemento e mielinación dos axóns danados no [[sistema nervoso central]].<ref>{{cite journal|doi=10.1089/neu.2006.23.453 |title=Schwann Cell Transplantation for Repair of the Adult Spinal Cord |year=2006 |last1=Oudega |first1=Martin |last2=Xu |first2=Xiao-Ming |journal=Journal of Neurotrauma |volume=23 |issue=3–4 |pmid=16629629}}</ref> De feito, as células de Schwann son coñecidas pola súa función de axudar á [[rexeneración dos nervios]].<ref>{{cite journal |pages=1995–9 |doi=10.1016/j.biocel.2006.05.007 |title=Schwann cells: Origins and role in axonal maintenance and regeneration |year=2006 |last1=Bhatheja |first1=Kanav |last2=Field |first2=Jeffrey |journal=The International Journal of Biochemistry & Cell Biology |volume=38 |issue=12}}</ref> Os nervios do sistema nervioso periférico conteñen xeralmente moitos axóns mielinizados polas células de Schwann. Se o nervio sofre danos, as células de Schwann axudan á dixestión de ditos axóns ([[fagocitose]]). Despois disto, as células de Schwann poden dirixir a rexeneración do nervio formando unha especie de túnel que guía o crecemento do nervio cara ás neuronas diana coas que se debe establecer a [[sinapse]]. O extremo roto do axón danado pode formar novas ramas, que medran seguindo o "túnel" formado polas células de Schwann a unha velocidade de aproximadamente 1mm/día en condicións axeitadas. O ritmo de rexeneración diminúe co tempo. Os axóns que realizan este proceso con éxito poden reconectar cos músculos ou órganos aos que eles se encargaban de controlar previamente grazas á axuda das células de Schwann; porén, a especificidade non sempre se mantén e son frecuentes os erros na reconexión, especialmente cando os órganos diana están a gran distancia.<ref>Carlson, Neil R. Physiology of Behavior, 9th ed. USA: Pearson Education, Inc., 2007.</ref>