Célula de Schwann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
 
Existen tamén células de Schwann non mielinizantes, que están implicaas no mantemento dos axóns e son básicas para a supervivencia neuronal. Algunhas agrúpanse arredor de pequenos axóns ([http://pcwww.liv.ac.uk/~rbj/RBJ/rbjteaching/Schwann%20Cells.htm Ver imaxe externa]) e forman [[feixes de Remak]].<ref>[http://focus.hms.harvard.edu/2003/Oct24_2003/neurology.html "Medical Student Named Rhodes Scholar"] - FOCUS - News from Harvard Medical, Dental and Public Health Schools - Copyright © 2010 President and Fellows of Harvard College.</ref>
[[Ficheiro:Gray631.png|thumb|right|Obsérvese a diferenza entre as incisuras da mielina e os ´nodos de Ranvier.]]
 
As células de Schwann mielinizantes dos mamíferos empezan a formar a vaíña de mielina durante o desenvolvemento fetal e actúan enrolándose en espiral arredor do axón, ás veces dando 100 voltas. Unha célula de Schwann ben desenvolvida ten a forma dunha folla de papel enrolada, con capas de mielina entre cada volta. As capas internas desta envoltura, que son predominantemente material da [[membrana celular]], forman a vaíña de mielina, entanto que as capas máis externas do [[citoplasma]] nucleado forman o [[neurilema]]. Só un pequeno volume de citoplasma residual comunica as capas internas e externas, que nalgunhas zonas forma incisuras na mielina chamadas [[incisura de Schmidt-Lantermann|incisuras de Schmidt-Lanterman]].