Illa da Toxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Redirixida cara a "Illa da Toxa"
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Toxa}}
{{Coordenadas|42|29|6.87|N|8|51|0.57|W|display=title}}
{{Lugar
|nome = Toxa
|imaxe = Illa da Toxa, O Grove, Galicia (Spain).jpg
|lenda = Illa da Toxa
|parroquia = O Grove
|concello = O Grove
|ano = 2009
|poboación = 49
}}
A '''illa da Toxa''' é unha pequena illa situada nas [[Rías Baixas]] ([[Ría de Arousa]]) pertencente ao Concello do [[O Grove|Grove]] e situada a uns 30 km de [[Pontevedra]]. Na actualidade boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf e un casino.
 
Constitúe un lugar da parroquia de [[O Grove, O Grove|San Martiño do Grove]], cunha poboación censada en 2009 de 49 habitantes (26 homes e 23 mulleres), segundo o [[Instituto Galego de Estatística]]. Naturalmente, esta é unha cifra irreal xa que a poboación flotante da illa (ocupando as prazas hoteleiras e segundas residencias) é moito máis alta.
 
#REDIRECCIÓN[[ca:Illa d'Ada Toxa]]
==Historia==
Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando (ao que transportaban en barcas) e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar os seus bens termais, construíndose o antigo [[balneario]] que trouxo consigo un aumento espectacular do [[turismo]] e o nacemento doutras dotacións.
 
==Centro termal==
Trátase dunha das illas máis coñecidas de [[Galicia]] debido a ser un centro termal, de lecer e turístico: conta con [[balneario]]s, antigas fábricas de [[xabón]]s e [[cosmético]]s, hoteis de luxo, campo de [[golf]], porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).
 
==Ermida==
Posúe unha característica ermida consagrada a San Sebastián, cuxa planta orixinal data do século XII, recuberta hoxe completamente de cunchas de [[vieira]] nas que a xente adoita deixar escrito o seu nome.
 
==Galería de imaxes==
:''Vexa o artigo principal en [[Galería de imaxes da Illa da Toxa]]''
<gallery>
Ficheiro:A Toxa 040516 54.jpg|Capela da illa da Toxa, recuberta de [[cuncha]]s de [[vieira]].
Ficheiro:A Toxa 7eue.jpg|Detalle da capela.
Ficheiro:Campo de Golf da Toxa. Punta Cabreira. O Grove.jpg|Campo de [[golf]].
Ficheiro:Ponte da toxa 1-2.jpg|Ponte da Toxa.
</gallery>
==Lugares e parroquias==
===Lugares da parroquia do Grove===
{{Lp O Grove}}
===Parroquias do Grove===
{{O Grove}}
{{Illas Galegas}}
 
[[Categoría:Illas galegas|Toxa, Illa da]]
[[Categoría:O Grove]]
 
[[ca:Illa d'A Toxa]]
[[es:Isla de La Toja]]
[[it:Isola di Toxa Grande]]