Pirano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
En [[química]] o '''pirano''' é un composto [[heterocíclico]] formado por cinco átomos de [[carbono]] e un átomo de [[osíxeno]], que presenta dous dobres enlaces. A súa [[fórmula molecular]] é C<sub>5</sub>H<sub>6</sub>O. Existen dous tipos de isómeros do pirano, os cales difiren na localización dos dobres enlaces. No 2''H''-pirano, o carbono saturado está na posición 2, entanto que no 4''H''-pirano dito carbono se atopa na posición 4 <ref name="Engels">Engels, B.; Schoneboom, J. C.; Munster, A. F.; Groetsch, S.; Christl, M. ''J. Am. Chem. Soc.'' '''2002''', ''124'', 287-297. DOI: [http://dx.doi.org/10.1021/ja011227c 10.1021/ja011227c]</ref>.
 
Aínda que os piranos non teñen moita importancia en química, unha variedade dos seus derivados son importantes biomoléculas, como algúns [[flavonoide]]s. Algúns colorantes sintéticos e medicamentos son derivados do pirano. O 4''H''-Piranopirano facilmente orixina o [[dihidropirano]] e o ión [[pirilio]], que se hidroliza facilmente en medio acuoso.
 
O 4H-pirano é un aceite incoloro cun punto de ebulición de 80&nbsp;°C, soluble en [[etanol]], [[benceno]] e [[éter dietílico]], que no aire se volve castaño rapidamente. A súa síntese baséase no [[glutaraldehido]] <ref>Römpp CD 2006, Georg Thieme Verlag 2006.</ref>.