Antonio Goicoechea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
algo máis
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Membro do [[Partido Liberal-Conservador|Partido Conservador]], en 1899 foi nomeado letrado do [[Consejo de Estado (España)|Consello de Estado]] e en 1919 foi ministro de Gobernación no goberno de [[Antonio Maura]], pero dimitiu ao pouco tempo pola oposición tanto dos liberais como dos partidarios de [[Eduardo Dato]]. Foi elixido deputado por Lugo en 1907, 1910 e 1919, e por Madrid en 1918. Elixido senador pola [[provincia de Murcia]] en 1922, colaborou coa [[ditadura de Primo de Rivera]] e en 1927 afiliouse á [[Unión Patriótica (España)|Unión Patriótica]].
 
Coa proclamación da [[Segunda República]] afiliouse a [[Acción Nacional]] e máis tarde foi membro fundador de [[Renovación Española]], partido polo que foi elixido deputado en [[1933]]. Participou activamente no [[Guerra civil española|golpe]] do [[18 de xullo]]. Viaxou a [[Italia]] para recabar axuda económica para os partidarios de [[Francisco Franco|Franco]]. Cando se aprobou o [[Decreto de Unificación de 1937]], Goicoechea disolveu formalmente Renovación Española.