Diferenzas entre revisións de «Charles Stewart Parnell»

→‎Traxectoria: De en.wiki
(→‎Traxectoria: De en.wiki)
 
En 1877 acadou a presidencia da Liga, principiando unha serie de reunións en privado cos líderes do movemento feniano, consguindo o apoio da [[Clan na Gael]] na súa loita polo autogoberno irlandés. A cambio, estes pedíronlle que abandonase a vía constitucionalista para apostar claramente pola independencia, que aplicase maior intensidade para resolver o problema agrario, a eliminación de sectarismos e o voto colectivo. Parnell, en liña co seu pragmatismo, aínda que aceptou formalmente o acordo, mantivo un delicado equilibrio mantendo abertas todas as vías posibles sen se decantar claramente por ningunha. O acordo, que recibiu o nome de ''Nova Solución'', aseguraba tamén a viabilidade da loita armada dos fenianos. Parnell asumiu, pola súa banda, a condición de líder principal da ''Nova Solución''.
 
En 1879 fíxose co liderado da Liga Agraria Nacional Irlandesa, que tiña por obxectivo resolver a cuestión da terra en Irlanda. Parnell, con só 32 anos e tras unicamente 4 coma deputado, lograra a esta altura reunir unha coalición política sen precedentes a prol do autogoberno da illa. Nese mesmo ano viaxa a Estados Unidos para recabar apoios para a súa causa, logrando entrevistarse co mesmo presidente norteamericano, [[Rutherford B. Hayes]], e dar un discurso sobre a cuestión irlandesa na [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|Cámara de Representantes]]. O éxito no seu periplo polos Estados Unidos e máis por [[Canadá]] fixo que o seu colaborador [[Timothy Healy]] o alcumase "rei sen coroa de Irlanda".
 
{{DEFAULTSORT:Parnell}}
8.300

edicións