Diferenzas entre revisións de «Os Resentidos»

sen resumo de edición
 
Os Resentidos eran un grupo de pop-rock en galego.
 
Para ter unha idea do que significaron Os Resentidos no panorama do pop e do rock galego hai que poñerse en antecedentes. [[Antón Reixa]] era poeta e profesor de Instituto antes de encabezar este grupo de Vigo e, despois, tamén publicaría libros, realizaría vídeos, sería guionista e presentador televisivo, realizaría programas radiofónicos, colaboraría na prensa escrita...
 
Polo tanto, o seu discurso, revestido de surrealismo, deulle un certo aire de intelectualidade do que carecía o rock feito en Galicia. Do experimentalismo do seu primeiro disco, os seus músicos -Alberto Torrado, Javier Soto e Xabier Debesa- foron avanzando cara a sons máis bailables, que tanto tocaban a cumbia como a pandeirada galega.
133

edicións